A edición 2011 do Correlingua contará con 45.000 participantes, 5.000 máis do que no pasado ano, segundo as previsións da organización. As carreiras transcorrerán por quince localidades entre os vindeiros 2 e 13 de maio, comezando en Compostela e rematando en Ourense. O IES de Curtis participará na da Coruña, que terá lugar o próximo mércores 4 de maio.
O Correlingua 2011 incorpora importantes novidades para dinamizar o galego nos centros de ensino ao longo do ano como concursos de vídeo sobre lingua, de karaoke mediante as cancións do Galeoke, de elaboración do manifesto do Correlingua e de banda deseñada. Tamén o Cantalingua, dirixido a grupos musicais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario