Xulia Alonso, Tóibín e Mendoza gañan os premios San Clemente
As obras Riña de gatos, de Eduardo Mendoza; Futuro imperfecto, de Xulia Alonso; e Brooklyn, de Colm Tóibín, resultaron gañadoras da décimo sétima edición do Premio Arcebispo San Clemente, que outorgan os estudantes do instituto compostelán Rosalía de Castro.
En lingua galega resultou gañadora Futuro imperfecto (Xerais), de Xulia Alonso, unha nova que se adentra no drama da heroína. Na mesma categoría competían outros dous títulos, Denso recendo a salgado (Xerais), de Manuel Portas, e Cabalo de ouros (Galaxia), o regreso á narrativa de Victor F. Freixanes.
Ademais, Riña de gatos, a novela coa que Eduardo Mendoza gañou a última edición do Premio Planeta, alzouse co galardón en lingua castelá. Neste apartado tamén competín Viaje con Clara por Alemania, de Fernando Aramburu; e Blanco nocturno, de Ricardo Piglia.
Finalmente, o premio ás obras escritas orixinalmente en lingua estranxeira foi parar ao irlandés Colm Tóibín por Brooklyn. A novela bateu as outras dúas finalistas, La última noche en Twisted River, de John Irving, e Correr, de Jean Echenoz.
21/06/2011 - 00:39 h.
No hay comentarios:
Publicar un comentario