Galiciana é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura e xestionada pola Biblioteca de Galicia co obxectivo de difundir e preservar o rico acervo bibliográfico galego.
O proxecto pretende non só a dixitalización dos fondos senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación de normativas abertas e internacionais, co fin de facilitar a máxima visibilidade da biblioteca e de cada unha das súas obras.
Galiciana integra, ademais de fondos da propia Biblioteca de Galicia, recursos das principais bibliotecas patrimoniais galegas e de centros galegos en América. Intégrase en Hispana, o directorio e colleiteiro de recursos dixitais españois e Europeana, a Biblioteca Dixital Europea xurdida como unha forma de contribuír á preservación e difusión do patrimonio bibliográfico e co fin de mostrar ao mundo a riqueza cultural dos pobos de Europa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario