Unha ferramenta que permite conxugar os verbos galegos en liña. Este é o proxecto que presenta Cilenis, unha nova empresa dedicada ao procesamento de linguaxe e á enxeñaría lingüística. A iniciativa pretende facilitar a conxugación de todos os verbos en galego "mesmo os que non aparecen nos dicionarios". Ademais, dispón dunha versión en portugués. Desde a empresa anuncian que pretenden traballar no desenvolvemento de ferramentas de busca a medida na rede e que ofertan tamén servizos de instalación, personalización e mantemento do tradutor Opentrad.
Vía culturagalega.org
No hay comentarios:
Publicar un comentario