Dirección artística: Paco Roca
Dirección de produción: Dani Martínez
Guionista: Ángel de la Cruz, Paco Roca
Intérpretes: Pepe Sacristán
Música: Nani García, Iván Laxe, Piti Sanz
Titulo orixinal: Arrugas
Tipo: Animación
Xénero: Drama
Duración: 80'
Ano: 2011
Engurras narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que chega á residencia nun estado inicial de Alzheimer recibe a axuda de Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos desafiuzados. O seu aloucado plan tingue de comedia e tenrura o pesado día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas acabaran, eles comezan unha nova.
Longametraxe de animación 2D para adultos baseada na BD Arrugas de Paco Roca que levou o Premio Nacional de Cómic en 2008. Proxectada o 19/9/11 no Festival de San Sebastián. Estrea nas salas comerciais españolas prevista para primeiros de 2012, aínda sen concretar.
Palmarés: É unha das dezaoito cintas de animación aspirantes a estar entre as cinco candidatas ao Oscar para mellor longa de animación na vindeira edición dos galardóns estadounidenses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario