O día 4 de Novembro  de 2010 celebramos o primeiro día da Ciencia en Galego dedicado a  exaltar o papel da Ciencia na creacion e profundamento da Cultura  Galega.
Sen Ciencia Galega e en Galego non temos futuro.
Dedicámolo este ano á muller e á química.
Sen Ciencia Galega e en Galego non temos futuro.
Dedicámolo este ano á muller e á química.
Convocan  ENCIGA, AGAPEMA, APETEGA, Cgendl Coordinadora Galega Endl, SGAPEIO,  IGACIENCIA, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago, A  Universidade de Vigo, o ILG, CIG-Ensino, STEG, NEG, AS-PG, A Mesa,  Deputación de Lugo, de A Coruña, Adega, Prolingua, MC2, Asociación de  escritores en lingua galega
No IES de Curtis participamos desta celebración.
Os  departamentos de Matemáticas, Física e Química, Tecnoloxía, Automoción,  Bioloxía e Xeoloxía, o Equipo de Normalización e Dinamización  Lingüística e o Equipo de Biblioteca do IES de Curtis, sumámonos ao  dereito de gozar a ciencia en galego. 
Programa de actividades: 
- Videoconferencia de Ángel Carracedo: "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial". Grupos:1º Bacharelato, 2º Bacharelato, Programa de Garantía Social e  4º Diversificación . Horario 12:30- 13.30h 
-Exposición de aplicacións tecnolóxicas realizadas polo alumnado e explicación das mesmas no patio cuberto
-Exposición: Entre moléculas. Ano Internacional da Química 2011. CSIC
-Bingo matemático 
-Exposición malacolóxica
-Panel léxico da tecnoloxía
-Taboleiro de Normalización con entrevistas a científicas galegas
-Mecanismos de Automoción
Experimentos científicos no patio cuberto. 

No hay comentarios:
Publicar un comentario