
O xurado, despois das correspondentes deliberacións acordou conceder o premio de novela longa Blanco Amor á obra presentada baixo o lema ATL, que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Manuel Lourenzo González.
Tal e como recolle a acta, o xurado valorou “moi positivamente a coherencia do universo literario empregado. A intriga que desenvolve a trama está ben dosificada e consegue captar a atención do lector. O mundo futuro no que se desenvolve resulta sólido e sen estridencias. E, ao mesmo tempo, ATL ocúpase dos problemas da identidade e o sentido da vida que son manexados de maneira eficaz. O dinamismo da historia, a escrita entretida e áxil e a credibilidade do futuro no que nos sitúa, foron valores aprezados por este xurado para escoller a ATL como a novela gañadora desta edición do premio Blanco Amor.”

Os nosos parabéns polo premio e o desexo de poder incorporar en breve esta nova novela de Manuel Lourenzo aos fondos da nosa biblioteca.
Fonte: GaliciaHoxe.com 19.11.2011
No hay comentarios:
Publicar un comentario