Dende Curtisbiblio damos a benvida ao ano no que se celebra o 75 cabodano do pasamento do autor.
Castelao naceu en Rianxo en 1886 e faleceu na Arxentina en 1950. Entre as dúas datas que marcan o seu percorrido vital desenvolveu multitude de actividades de campos tan diversos como a política, a literatura ou as artes plásticas. A cultura galega ten unha débeda inmensa co home que levou a patria enteira na memoria. O seu legado é incuestionable en todas e cada unha das facetas que cultivou.
Recollemos a modo de inicio da homenaxe que se desenvolverá de xeito colectivo ao longo deste 2025 unha das súas pinturas máis recoñecidas: A derradeira lección do mestre (Galicia Mártir). Este cadro recolle a terrible escena do corpo dun mestre asasinado comtemplado por dous meniños. A denuncia das inxustizas cometidas na época da Guerra Civil está presente nesta obra que é coñecida como o Guernica galego.