A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) inaugurou o pasado mércores CanleTV, un novo servizo de video online destinado á promoción e difusión da creación audiovisual galega cun obxectivo cultural e divulgativo. A través deste portal, asociado á web da Agadic --www.canletv.agadic.info--, os internautas poden acceder de forma gratuíta a un amplo catálogo de films que poden visionar en streaming.
CanleTV é xa unha filmoteca de máis de 120 títulos, cifra á que se irán sumando novas incorporacións e na que xa teñen cabida longametraxes, curtas, videoclips e tráileres, entre outros formatos.
As obras deste catálogo aparecen clasificadas en torno a seis categorías principais, ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos, cada unha delas cos seus correspondentes subapartados e etiquetas, referentes aos xéneros e temáticas nas que se inscriben, de acordo coa información facilitada polos propios autores ou propietarios.
GaliciaHoxe.com 8-3-2012
No hay comentarios:
Publicar un comentario