Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Concurso "Quen son estas mulleres?"

9/3/12

Concurso "Quen son estas mulleres?"

1. Foi a máis soada das soldadeiras da época medieval.
2. Alfonso X o Sabio fai mofa dela nas súas cantigas de escarnio.
3. Frecuentou as cortes de Fernando III o Santo e de Alfonso X o Sabio.
4. Cedeu as súas propiedades aos monxes cistercienses de Sobrado e suponse que alí foi enterrada.
5. Renace agora como se a literatura quixésea rehabilitar e elevar á categoría de heroína patria.

1. Estudou a carreira de Historia na Universidade Complutense de Madrid.
2. É unha das autoras españolas de novela máis coñecidas na actualidade.
3. As súas tres últimas publicacións presentan argumentos relacionados coa Guerra Civil española.
4. No título da última novela que vén de publicar inclúese o nome do autor de La vuelta al mundo en 80 días.
5. Varias narracións súas foron levadas ao cine. Bigas Luna fixo a primeira           adaptación en 1990

1. A espionaxe estivo presente na súa vida.

2. Cambiar de apelido axudoulle na súa carreira.

3. Chamoulle a atención a produción enzimática de hidróxeno.

4. Pode ser Alice e parecerse a Sinéad O´Connor.

5. Paseou por "O Retiro" con Javier Bardem.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas