Blog da Biblioteca do IES de Curtis: HOXE RECOMENDÁMOSCHE...

9/5/12

HOXE RECOMENDÁMOSCHE...

Empezamos hoxe a mostrarvos as recomendacións de lecturas do noso alumnado: cada día unha. Esperamos que vos animedes a ler algún destes libros... se aínda non o fixestes.





O meu libro favorito é Ás de bolboreta de Rosa Aneiros. Gustoume porque as historias son moi variadas e entretidas. Recomendaríao para calquera rapaz ou rapaza de segundo ciclo de ESO.


Un café da cidade de Santiago ( o Luzada) é o lugar polo que van transitar ao longo da mañá toda clase de persoas con diferentes intereses e situacións persoais. Alí xúntanse unha morea de personaxes cuxas vidas iremos descubrindo ou máis ben intuíndo ao longo da novela.



Fco. Javier Villar Das Neves 4º ESO A



No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas