Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Un ano máis estivemos no Correlingua

9/5/12

Un ano máis estivemos no Correlingua




Os rapaces e rapazas de 1º e 2º ESO participamos na carreira organizada para promover o emprego da nosa lingua. O pasado venres, 5 de maio, collemos as nosas pancartas e, xunto con outros centros da comarca, expresamos o noso desexo de que a presenza do galego na nosa realidade cotiá sexa cada ano un pouco maior . A imaxe do Correlingua deste ano lembraba claramente ás letras do máis famoso buscador de Internet (Google), acompañada dun lema: Galego. Todo o que buscas.



Despois de percorrer as rúas da cidade da Coruña chegamos á torre de Hércules. Alí puidemos asistir á actuación da actriz Iria Sobrado e a un concerto dun grupo musical que puxo o punto final á festa da lingua.

Ata o ano que vén!



No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas