Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Novo servizo de empréstito para os fondos da Biblioteca de Galicia

19/5/12

Novo servizo de empréstito para os fondos da Biblioteca de Galicia





A Consellería de Cultura porá a disposición de todos os galegos os fondos da Biblioteca de Galicia, da Cidade da Cultura, a través dun servizo de empréstito interbibliotecario.
Así informou, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, que garantiu que este sistema fará "máis eficaz" os servizos de empréstito dos fondos da biblioteca, que inclúen tanto a colección xeral como a colección especializada destinada a profesionais de bibliotecomanía, arquivística, documentación e museoloxía, en total máis de 20.000 títulos e 39.000 exemplares. Así mesmo, a Biblioteca de Galicia puxo en marcha un novo servizo específico para o empréstito aos cubs de lectura.
O Consello da Xunta emitiu este venres o informe sobre o funcionamento deste sistema de empréstito, co que o departamento de Cultura fomenta a colaboración entre os centros da Rede de Bibliotecas de Galicia e achega a todos os galegos os fondos do seu catálogo co obxectivo de difundilos.
No marco deste servizo, a Xunta fixo fincapé na colección profesional da Biblioteca de Galicia, que comprende os fondos relacionados cos ámbitos da bibliotecomanía, a documentación, a arquivística e a museoloxía. O empréstito desta colección, que inclúe 4.104 títulos, é un novo servizo.

  Fonte: GaliciaHoxe.com 18.05.2012

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas