Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Maryam e Rubén recomendan Lúa do Senegal

21/6/12

Maryam e Rubén recomendan Lúa do Senegal

FICHA DE LECTURA


TÍTULO: Lúa do Senegal.

AUTOR: Agustín Fernández Paz.

ILUSTRADOR: Marina Seoane.

EDITORIAL: Xerais.

LUGAR E ANO DE PUBLICACIÓN: Vigo, maio de 2009.

 RESUMO BREVE DA HISTORIA:

Khoedi é unha nena de dez anos que ten que deixar á súa casa do Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde seu pai xa leva varios anos emigrado.

A vida de Khoedi foi moi dura, na nova terra non coñece a ninguén e todo lle resulta difícil e diferente. Está en Europa, máis a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. Bota de menos a súa terra, entón para solucionalo, cóntalle historias á Lúa,a mesma Lúa do Senegal.

 OPINIÓN  DE MARYAM SOBRE O LIBRO:

É un libro moi real, gustoume moito, porque trata dunha nena de cor. Como eu son estranxeira sentinme coma ela cando cheguei a España, non coñecía a ningúen e todo me resultou difícil e agora estou mellor.

Gústanme tamén as ilustracións deste libro, as imaxes son en cores apagadas, polo que transmiten tristeza e soidade, dous sentimentos que encaixan perfectamente coa historia.


                                                           Maryam Zerguit. 2º ESO-B.

 DATA DE LECTURA: De xaneiro a xuño de 2012.

OPINIÓN DE RUBÉN SOBRE O LIBRO:

Eu definiría este libro como moi nostálxico e, tamén penso que moitas persoas cando lean este libro, sentiranse identificadas coa protagonista desta historia.

Non deixa de ser un libro entretido, sobre todo cos contos que a avoa de Khoedi lle contaba a ela.


                                                     Rubén Caramés Manteiga: 3ºESO-B

 DATA DE LECTURA: De xaneiro a xuño de 2012.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas