Blog da Biblioteca do IES de Curtis: FIN DO PERCORRIDO POLOS XOGOS OLÍMPICOS

18/6/12

FIN DO PERCORRIDO POLOS XOGOS OLÍMPICOS

     Desde finais de maio e ao longo deste mes de xuño, o Equipo de Biblioteca,  en colaboración con varios departamentos que voluntariamente colaboraron (Latín, Grego, Educación Física, Galego, Castelán, Inglés...), expón no corredor de entrada os traballos feitos por alumnado de diferentes cursos entorno aos Xogos Olímpicos. 

     Os distintos carteis recollen información sobre:  a  consistencia destas competicións na Antiga Grecia, a súa restauración da man de Pierre de Coubertain, unha chea de curiosidades sobre diferentes épocas e feitos, información sobre a orixe e funcionamento dos Xogos Paralímpicos, un percorrido polas diferentes mascotas dos últimos decenios... Para rematar, o traballo complétase con imaxes, proporcionadas polo Departamento de Lingua Inglesa, máis que útiles para aqueles que teñan a fortuna de de viaxar a Londres para asistir á nova edición dos Xogos Olímpicos.

     Xa para rematar, cómpre ter en conta que ao longo desta semana publicarase a lista de gañadores do concurso Queres ouro, prata ou bronce?, deseñado para dara coñecer esta actividade sobre as Competicións Olímpicas e dirixido a todo o alumnado de ESO.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas