Blog da Biblioteca do IES de Curtis: De novo, mans á obra

16/10/12

De novo, mans á obra

Despois da volta das vacacións, precisamos unhas semanas para pór en marcha o motor da biblioteca: incorporación de novos membros ó equipo de sempre, xuntanzas, horarios, orde física deste espazo, ideas novas...
     E chegou o momento: arrincamos coa formación de usuarios para o novo alumnado do IES e,co gallo de conmemorar o Día das Bibliotecas, cunha pequena exposición -aínda en proceso- sobre bibliotecas do mundo, elaborada por rapaces de diferentes cursos. 
     Estanse a colocar tamén na posición de saída os membros do Club de Lectura Fendetestas: uns corenta rapaces e rapazas que buscan gozar da súa afección á lectura e compartir experiencias cos demais.
   Non esquecemos que novembro é o mes do Samaín, de Defuntos, do Magosto e doutras conmemoracións das que iremos dando conta puntualmente e nas que tentaremos achegar o noso grao de area.  

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas