Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Literatura e Automóbil

11/11/12

Literatura e Automóbil

"A literatura, igual que as demais artes, atopou no automóbil non só motivo ou pretexto conxuntural, senón, con frecuencia, tamén a un novo personaxe, á vez mudo e cargado de sentido, capaz de catalizar e galvanizar as paixóns, desexos e frustracións dos máis tradicionais de carne e óso".


James Ellroy, Paul Theroux, Cees Nooteboom, Bryce Echenique, Eduardo Mendoza e Enrique Villa-Matas participaron na VII Conferencia Internacional "Literatura y Automóvil", organizada pola Fundación Eduardo Barreiros en colaboración coa Fundación MAPFRE, celebrada en Madrid do 5 ao 8 deste mes.

Durante estes catro días, nos distintos encontros que tiveron lugar durante as xornadas, este grupo de escritores, xornalistas e críticos, analizaron as moi variadas representacións do automóbil nas letras contemporáneas e debateron acerca desas relacións e do seu persoal modo de enfrontarse con elas na súa produción literaria.

Ademais, durante a cita, dous dos escritores españois máis recoñecidos internacionalmente, Eduardo Mendoza e Enrique Villa-Matas, charlaron sobre os vínculos do mundo das catro rodas e a literatura. Outro encontro, Cees Nooteboom e Paul Theroux, moderados por Juan Cruz, falaron de literatura e motor, ao redor dunha mesa titulada "Dos en la carretera".


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas