Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O Apóstolo

11/11/12

O Apóstolo

Vén de estrearse a película O Apóstolo, a nova contribución do cinema galego á animación. Esta longametraxe foi realizada coa técnica stop-motion estereoscópica (unha técnica baseada na aparencia de movemento de obxectos estáticos a través da proxección de 24 fotos por segundo) O director é o galego Fernando Cortizo e conta entre o seu reparto protagonista con Jorge Sanz, Geraldine Chaplin, Paul Naschy, Carlos Blanco, Tosar, Manuel Manquiña, Celso Bugallo ou Isabel Blanco.

A película, realizada en cinco anos de traballo por máis de 200 profesionais, desenvólvese nunha atmosfera onírica coa Santa Compaña, a néboa e o Camiño de Santiago como pano de fondo. É a historia dun fuxitivo que vai na procura dun antigo tesouro, unha historia de misterio en que se mesturan suspense, humor e fantasía a partes iguais.
Velaí o tráiler:


No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas