Blog da Biblioteca do IES de Curtis: GALICIAN SONGS

28/5/13

GALICIAN SONGS





A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou hoxe a primeira edición completa  do poemario Cantares Gallegos que se publica integramente en inglés. A edición está promovida pola Xunta de Galicia e  a editorial anglosaxoa Small Stations Press, e traducida pola  escritora canadense Erín Moure.
A  obra de Rosalía de Castro  será traducida como Galician songs. Cento cincuenta anos despois da publicación do libro que marca o inicio do Rexurdimento e da recuperación  da nosa lingua como lingua literaria, a nosa poetisa máis emblemática e universal traspasa de novo as nosas fronteiras.



No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas