Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Premio Nacional de Cómic para Ardalén

6/11/13

Premio Nacional de Cómic para Ardalén


 
O debuxante coruñés Miguelanxo Prado foi o gañador do Premio Nacional de Cómic coa súa obra Ardalén.  O  libro, editado no ano 2012,  xa obtivera o Premio no Salón do Cómic de Barcelona, nova da que demos conta neste blog no pasado mes de abril.
Miguelanxo Prado ten unha longa traxectoria no campo da banda deseñada. Entre as súas obras destacan   Trazo de xiz (1993) ou  A mansión dos Pampín (2005).  Tamén foi o deseñador do personaxe do Xabarín Club e o director da longametraxe De profundis (2007).

 A  obra premiada, Ardalén, é un percorrido polas lembranzas do autor, pero tamén unha mestura de realidade e soño. Para o xurado foi especialmente relevante o seu "carácter poético" e a súa "mestría técnica" na  utilización das cores.
 
Máis información sobre o autor e as súas obras na súa páxina web
 
 

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas