Unha noite para recordar
Mariela, unha moza de 15
anos, vivía coa súa familia nunha casa antiga que había nunha pequena
aldea case deshabitada. Achábanse nunha zona de pouca
xente, xa que das casas que quedaban só
eran dúas ou tres as que estaban ocupadas.
A Mariela, nas tardes de verán, encantáballe pasear polos prados que
había ao redor do cemiterio e así, de paso, tamén ía visitar os seus avós aos
que por desgraza non puidera coñecer. Os seus pais, Xan e Lupe, sempre estaban
moi pendentes dela, porque dende pequena tiña o costume de espertar e erguerse
xa ben entrada a noite. Xa levaran
varios sustos. Cando tiña só seis anos
decatáronse de que a nena non estaba na cama e pasaron o resto da noite en
busca dela, sen atopar rastro. Á mañá seguinte, despois de non pegar ollo en
toda a noite, Lupe recibiu unha chamada da súa veciña Maribel dicíndolle que
encontrara a cativa deitada diante da súa casa e que esta non sabía onde estaba
nin que facía alí. A partir desa noite botou un ano enteiro levantándose polas
noites, e os seus pais xa estaban desesperados.

Xa afastada do cemiterio a tranquilidade
parecía que regresaba. Ía camiñando por unha corredoira de terra e os pés
enterrábanselle no chan debido á cantidade de auga que caera. Tropezou cunha
pedra con tan mala sorte que caeu por un barranco. Espertou ao día seguinte ao
escoitar os berros dos seus pais e do resto dos veciños da aldea. Levaban toda
a noite na súa busca, e por fin deran con ela. Estaba sentada xunto a unha
árbore. Choraba desconsolada, ao mesmo tempo que a boca non paraba de tremerlle
debido ao frío que ía. Non sabía que acontecera, nin de que maneira podía ter chegado ata alí.
Xa na casa, e unha vez que
Mariela entrou en calor, os seus pais comezaron a preguntarlle o que pasara.
Pero Mariela non lembraba nada do acontecido esa noite.
Mencía Corral Ares ( 3º ESO A)
Mencía Corral Ares ( 3º ESO A)
No hay comentarios:
Publicar un comentario