Blog da Biblioteca do IES de Curtis: A viaxe das almas ao mundo dos mortos

9/11/14

A viaxe das almas ao mundo dos mortos



        O mundo dos mortos, o mundo subterráneo, estaba rexido polo deus Hades ou Plutón. Hades era tamén o nome do mundos dos mortos. Este mundo estaba separado do mundo dos vivos pola lagoa Estixia. 
         Baixo a lingua os romanos colocábanlle aos mortos unha moeda de prata. Tratábase da ofrenda que una vez sepultados os defuntos terán que pagar a Caronte, o barqueiro da lagoa Estixia, que transporta á outra beira as almas dos mortos.

          Na outra beira, os mortos atopábanse co can Cerbero (can do mundo subterráne, un monstro de tres cabezas e cola longa de serpe), que está ó coidado da porta de entrada ao mundo dos mortos.
Nesta longa viaxe polo mundo dos mortos, as almas dos romanos atopábanse con 3 xuíces: Minos, Radamantis e Eaco. Eles pregúntanlles pola súa vida. Tras contárllela, untábanas con auga do río Leteo, un dos cinco ríos que discurrían polo inframundo. O fluído purificábaas e permitíalles esquecer o que viviran na Terra. Segundo o que fixeran durante a súa existencia terrenal, as almas  eran enviadas a distintas zonas do mundo dos mortos:


-        Campos Elíseos, se foran xustos e piadosos.
-        Chaira de Asfódelo, se forann cidadáns exemplares.
-        Tártaro, se foran criminais. Alí debían pagar unha penitencia se se atrevesen a ofender aos   deuses  e serían castigadas ata que súa débeda quedase cumprida.

            Plutón non decidía quen vivía e quen morría. Esto determinábano as tres Parcas, unhas divindades que personificaban o destino, gobernaban a vida e os acontecementos humanos.
            
Noelia López Sánchez, 4º ESO B















No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas