
Festa das Luces ou das antorchas: celebrada o 1 de febreiro. Durante toda a noite anterior, as mulleres acompañan a Ceres con teas acesas na busca da súa filla Proserpina, raptada por Plutón e levada por el ó mundo dos mortos.
As Parentais ou Parentalia: celebradas entre o 13 e o 21 de febreiro en honor ós defuntos dunha familia e, ás veces, dun país. Nesta ocasión reuníanse os parentes e amigos dos defuntos, visitaban as tumbas e realizaban sacrificios sobre elas. Tamén facían ofrendas de leite, fariña, mel e viño ós deuses Manes (as almas dos defuntos) e celebraban festíns. O primeiro día de festa, unha virxe Vestal realizaba a apertura dos ritos públicos, o resto da festa era doméstica e familiar. Durante a celebración destas festas pechábanse os templos, non se celebraban vodas, nin se facían negocios.
A Feralia, celebrábanse o 21 de febreiro e pechaban as Parentalia. Críase que ese día as almas dos mortos podían voar libremente entre os vivos.
Festa das Caristias ou dos mortos da familia celebrada o 22 de febreiro. Nestas festas lévanse alimentos ós familiares mortos para a súa viaxe ó máis alá.
Lidia Sánchez Taboada 4 ESO-B
No hay comentarios:
Publicar un comentario