Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O MISTERIO DO BOSQUE

13/11/14

O MISTERIO DO BOSQUE

        Vouvos contar a historia que me sucedeu unha noite de outono cando fomos pasar,  eu e unha filla miña,  a fin de semana á casa que herdei da miña avoa.
       Chegamos o venres á noite e ó rematar de cear decidimos ir dar un paseo ata unha lagoa que hai preto da vivenda. Íamos camiñando, cando de súpeto, sentimos unha forte respiración entre os matoxos.  A filla tremeu co medo e decidín ir botar unha ollada. Nese intre sentín como se botou  sobre mi un gran lobo; forcexeamos, pero non puiden evitar que me trabara.
       A rapaza conseguiu coller unha pedra e tiroulla ó animal, que quedou aturdido e fuxiu. Eu esvaecínme no momento: cando espertei, estaba deitado na cama, cunha ferida sanguenta na man.
       A mañá seguinte vin que xa non tiña ningunha marca no corpo do ataque que sufrira. Erguinme, fun ao lavabo  e cando me mirei ó espello vin que os dentes que están preto das moas medráranme tanto que me saían fora da boca. Comezoume a picar todo o corpo e cando levantei a camisa vin que  tiña o peito cheo de pelo. Pensei tolear !
       

Comenteillo cheo de angustia a Manuela , a miña filla. Ela buscou información na Rede sobre o que me estaba acontecendo, e díxome que cando houbese lúa chea convertiríame nun lobishome. Sería perigoso, podería mesmo atacar e matar xente que estaba ó meu redor...
 Mirei o almanaque : nunhas horas estaría a lúa en todo o seu esplendor no medio do ceo!
       Vendo a terrible situación, a miña filla díxome que había un curandeiro que vivía nunha montaña preto da lagoa e que sabía de historias e feitizos relacionados cos lobos.  
Decidimos ir alí, pero o traxecto ocupounos máis tempo do esperado. Na metade do camiño alcanzounos unha terrible tormenta, que nos fixo desviar da ruta que pensáramos seguir. Cando a tempestade rematou,  entre as árbores, apareceu o resplandor da lúa chea:  convertínme en lobishome e empezoume a ulir marabillosamente o sangue daquela moza que ía comigo e que eu xa non recoñecía!
        Manuela botou a correr e chegou por fin á casa do curandeiro, ao que lle pediu axuda desesperadamente. O home colleu unha estaca de madeira e dirixíuse cara a min, cravándoma no corazón.
       Eu lancei un forte ouveo e desplomeime no chan transformándome por fin na persoa que era antes de comezar toda esta desagradable experiencia. Manuela e eu démoslle as grazas a aquel home tan sabido e voltamos á nosa casa, por fin. O pesadelo rematara.




 Este relato é unha creación conxunta de  Marta, Sergio, Daniela e Lorena, alumnos de 4º ESO C
     

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas