Blog da Biblioteca do IES de Curtis: As Parcas

9/11/14

As Parcas

Átropos ou As Parcas (pintura negra), Francisco de Goya
As Parcas, chamadas Moiras en Grecia, eran tres divindades que personificaban o destino. Pertencen a primeira xeración divina e encargábanse de establecer a duración da vida de cada persoa.
Os seus nomes eran Cloto (Nona, en Roma), Láquesis (Décima, en Roma) e Átropos (Morta, en Roma). Son representadas como tres vellas fiandeiras. A primeira representaba o nacemento, a segunda o matrimonio e a terceira a morte. Cloto fiaba o fío da vida cunha roca e un fuso, Láquesis medíao coa súa vara e Átropos, a máis terrible, cortábao coas súas tesoiras, cando chegaba a hora. Zeus informábaas sobre quen debía morrer e era capaz de retrasar esa morte, pero non de evitala, xa que incluso el estaba sometido ás Parcas.
No Foro de Roma estaban as súas estatuas, chamadas Tria Fata ou Tres Destinos, en alusión ao Fatum ou personificación do destino. Do plural Fata, deriva o substantivo “ fada". 
                                                                              Elvira Sánchez Barreiro, 4º ESO-B

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas