Blog da Biblioteca do IES de Curtis: AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ

3/10/16

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ




O pasado 12 de xullo faleceu Agustín Fernández Paz. A Biblioteca Sarmiento lamenta profundamente a enorme perda que a súa desaparición supón para as nosas letras. Todos, alumnos e profesores, ficamos orfos dun gran mestre que soubo transmitir como ninguén o seu amor pola lectura a tantas e tantas xeracións. As súas herdanzas quedan entre nós en forma de libros nos andeis da nosa biblioteca e tamén  como un legado de ensinanzas relacionadas (como non podía ser doutro xeito) coa importancia da lectura, das bibliotecas, da nosa cultura, da nosa lingua… 

Inauguramos o curso dando as grazas ao escritor pola inmensa sabedoría que compartiu con todos nós e facéndolle unha pequena e modesta homenaxe como mellor sabemos: a través da lectura das súas obras. 

Rematamos coas súas palabras: Abrir un libro é deixarse levar pola fervenza de voces, de linguas, de recendos, de paisaxes… Unha maxia secreta e inesgotable, que a nós nos corresponde descubrir. 



No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas