Blog da Biblioteca do IES de Curtis: COMA SEMPRE, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/16

COMA SEMPRE, CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


    
   Día a día, en todos os espazos nos que transcorre a xornada no noso IES, tentamos dar  pasos adiante para chegar ao paraíso dunha sociedade sen violencia, rexida polo respecto e o diálogo e espida de prexuizos e valoracións despectivas.


      E hoxe, Día contra a violencia de xénero, queremos facer aínda máis visible a nosa pegada nese camiño cara a un mundo mellor. Para iso, colocamos no corredor da biblioteca carteis alusivos a esta lacra social e recortes de prensa que os noso alumnado trouxo para facer máis visible o que xa o é en demasía.  E aquí vos deixamos, ademais,  a mensaxe tan tenra como terrible, que o  cantautor Pedro Guerra, nos fai chegar na súa canción "Hogar": non o esquezades, a protagonista do tema vive en moitos lugares e en distintos momentos... No noso tamén.




No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas