Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Resultados de la búsqueda de mini
Mostrando las entradas para la consulta mini ordenadas por fecha. Ordenar por relevancia Mostrar todas las entradas
Mostrando las entradas para la consulta mini ordenadas por fecha. Ordenar por relevancia Mostrar todas las entradas

16/12/12

100% CEF



O poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro amósase coa estrea da longametraxe documental “100% CEF”, dirixida por Aser Álvarez e con Luís Tosar como protagonista, interpretando o escritor nas  súas paisaxes e tecleando nunha vella máquina de escribir. Este traballo audiovisual, que ve a luz xusto cando fai os 100 anos do nacemento de Celso Emilio, pecha os actos de conmemoración do centenario dunha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX.

    O documental, gravado en Celanova, Acevedo, Vigo, Pontevedra, Santiago, Asturias e Ourense, está baseado en máis de 50 entrevistas, colaboracións artísticas, lecturas de poemas e musicacións que axudan a debuxar un retrato contemporáneo do escritor. A complexidade e amplitude da figura de Celso Emilio é reconstruída a través de entrevistas con familiares, expertos, historiadores, literatos e amigos e conta coa participación de persoas anónimas e coñecidas que recitan, len, rapean e cantan os seus poemas.
    
“100% CEF” é o resultado dun intenso traballo de investigación e achega á vida e obra do poeta. Este retrato poliédrico do autor de “Onde o mundo se chama Celanova” faise a través da conversa cos seus fillos, Isabel e Luís; os seus biógrafos, Xesús Alonso Montero e Ramón Nicolás; o seu amigo e paisano, o actual presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín; Xosé Neira Vilas, Suso de Toro ou Xosé María Álvarez Cáccamo, entre outros. Os poemas chegan pola voz de cantantes como Luís Emilio Batallán, Xiana Lastra e Mini e Mero, pero sobre todo co punk dos Labregos do Tempo dos Sputniks e co rap máis contemporáneo de Ferriman, Nuno e Fred. O documental tamén conta coa colaboración de artistas como Baldo Ramos, Francisco Leiro, Manolo Paz ou Baldomero Moreiras.

Vía crtvg.es

29/4/11

Oito por oito

Oito cancións para oito poemas

Hoxe lemos na web oficial do poeta do Incio: 
   
“Dunha banda a poesía de Lois Pereiro, da outra, a música de Alexandro González. O resultado é Oito cancións para oito poemas, un traballo musical que é posible grazas a unha Bolsa de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. O traballo conta coa colaboración de Xabier Deive, Lino Braxe, Antón Patiño, Mini Rivas" 

 En resumo: Poesía de Lois Pereiro + música  =  oito por oito

25/6/09

Patrimonio inmaterial

Esta quinta feira preséntase no Museo do Pobo Galego o Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Este traballo xurdiu da evolución do proxecto Sons e Voces da Identidade, programa de dixitalización, catalogación, estudo e difusión do patrimonio inmaterial que o Instituto de Estudos das Identidades do propio museo, que se creou en abril de 2007.Nos momentos iniciais, o proxecto contou cunha abondosa "materia prima", consistente nunhas 600 fitas recollidas directamente, ou baixo a súa dirección, por Xosé Luís Rivas, Mini, e Baldomero Iglesias, Mero. Trátase de materiais gravados nos últimos 35 anos de informantes da Galiza rural. Tamén se dispuña no fondo do Museo dunha colección de gravacións realizadas en 1994, como resultado do proxecto interactivo museo-escola Recupera-la tradición oral. Despois dun laborioso proceso de tratamento das gravacións orixinais, transcrición e construción dunha base de datos, o APOI está en condicións de entrar en funcionamento.Un arquivo destas características, público e accesíbel e que dá conta da autoría das achegas que se incorporan, pasará a ser un arquivo para o pobo galego, e para quen teña a ben participar nel.
Nova, vía Vieiros

25/5/09

Máis de mil primaveras para a nosa patria, para a nosa lingua

Irmáns! En pé, sereos. A limpa frente erguida; o corazón aberto a toda verba amiga. En pé! En pé, dispostos a non morrer sen ­loita. A oliva nunha man, a fouce noutra. Berremos alto e forte: A nosa terra é nosa!".
Manuel Caamaño, presidente en funcións do Pedrón, botou man deste poema de Ramón Cabanillas para resumir os densos discursos de fervor pronunciados tanto por membros da institución (como David Otero ou Xosé Ramón Fandiño) como polos galardoados cos pedróns de Ouro e Honra (os compoñentes de A Quenlla, Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, os populares Mini e Mero, así como a filóloga romanesa Mariana Ploae-Hanganu). Discursos, por outra banda, dirixidos por un sentido alegato de resistencia e de defensa da lingua, cultura e identidade galegas.
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search?q=mini

2/5/09

Mini e Mero

Mini e Mero dende hai un tempo traballan co Museo do Pobo nun proxecto para colgar na rede material audivisual de todos. Nos vindeiros meses poderanse ver os primeiros resultados, ao redor de cen cortes de audio que se irán ampliando no futuro con moitas máis pezas e outros materiais, como fotografías e vídeos.
Di Mini "Hai cancións galegas e cancións de fóra que chegaron nalgún momento e callaron no pobo: está o que a xente nos contou", laiase de que agora os músicos galegos que comezan achéganse a este saber popular de xeito mediado, viciado a través das reinterpretacións que fixeron uns grupos e outros".
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search?q=mini

20/4/09

Un pouco máis de memoria histórica


A obra de teatro Las bicicletas son para el verano fala da subsistencia dunha familia de ideas republicanas, que viveu todo o período da Guerra Civil. A obra mostranos como vivia a sociedade, neste caso de Madrid neses anos. Fai un pequeno percorrido dende antes do estalido da guerra ata a instauración do réxime franquista, no que podemos apreciar os cambios de vida nas familias que atinxen por exemplo: as vivendas, os alimentos, o traballo, etc.
Moitos dos aspectos tocados na obra citada anteriormente podemolos observar na novela de Cela, La Colmena, donde fala da dura represión vivida por intelectuais e republicanos por parte da dictadura, como tamen das pesimas condicións na que vivía a sociedade.
Gran exemplo desta situación foi o relatado por Mini na conferencia dada no instituto sobre a recuperación da nosa memoria histórica.

17/4/09

Pedrón de Ouro-2009

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias foron distinguidos co premio Pedrón de Ouro-2009 polos esforzos e o traballo que realizan desde 1972 para recuperar e transmitir o patrimonio oral de Galicia.
O Pedrón de Ouro recoñece a personalidade ou entidade viva e residente en Galicia "que máis destaque na defensa e na promoción das diversas facetas da cultura nacional" ao longo do ano ou na traxectoria dunha vida.
Mini e Mero, que pertencen actualmente ao grupo de música tradicional 'A Quenlla', manifestaron en declaracións a EFE que o Pedrón de Ouro supón para eles unha "gran satisfacción", ademais dun "empurrón" para seguir recompilando cancións, refráns, lendas e outras expresións da cultura oral galega.
Ademais, Mini sinalou que ese galardón "tamén se lle está dando a moitas persoas" que desenvolven tarefas similares "en silencio", e asegurou que nin el nin Mero "o merecen", porque o seu traballo "é un acto egoísta, é beber dunha fonte na que outros non poden".
Os dous musicólogos coincidiron en que o "mérito en si" é ter a oportunidade de "redescubrirse a si mesmos" a través da investigación cultural que emprenderon hai case corenta anos, e que continúa hoxe en día, porque lles axudou a "vivir dun modo harmónico co ser de Galicia".
Mini e Mero recompilaron material por toda a xeografía galega, pero, fundamentalmente, na súa comarca natal, a Terra Cha, e as zonas de Boimorto e Mesía, onde exercen de profesores. Os etnógrafos aseguraron que é "imposíbel" contabilizar o material recompilado estes anos, arquivos que pretenden "difundir" e "poñer nun gran foro" porque "son patrimonio de todos".
Para iso, existe un proxecto de colaboración co Museo do Pobo Galego que permitirá acceder a unha base de datos de todo o patrimonio oral recollido durante estes anos polos novos Pedrón de Ouro, dentro dun ano, aproximadamente.
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2009/03/mini.html

31/3/09

A Mini


E Velaquí a xeración do 93. Primeiros alumnos de Mini no CPI Armando Cotarello Valledor.

Vello barbudo, como esquecer os crocodilos e as

pirañas que gardabas naquela fermosa barba canosa.
Aprendéchenos, Mini, que lápices, bolis, tizas, grampadoras, borradores e outros útiles escolares podían voar. Como esquecermos que o coche amarelo surcaba o aire sobre as cabezas protexidas polas nosas mans. E o son dos zocos (marabillososo cubre pés de madeira típicos da xente galega) que nos alertaban da túa cercanía.
A xeografía nos libros pode resultar aburrida, pero en troques o contacto coa NATUREZA é máis divertido. Ensináchesnos desta maneira, o que é un castro (olladas ós nosos antepasados) e o nacemento do río máis longo dos mil da nosa terra, O Miño.
Puntean aínda nos nosos oidos as notas de aquelas cancions cantadas entre sorrisos, caras avermelladas da vergoña, voces desafinadas e sen desafinar e a sensación de que o mundo se estendía ante nós en forma de ledas esperanzas.
Grazas`por facernos creer na lectura e no que cada un escribe. De ti aprendimos, voluntariamente, a querer á nosa Galicia e a valorar a nosa vida como única.
QUEN POIDERA NAMORALA, MEU AMIGO

30/3/09

José Luís Rivas Cruz


Mini é Profesor de Educación Primaria. Compoñente do grupo "Fuxan os Ventos" desde o seu inicio ata 1982. Compoñente do grupo "A Quenlla" desde o seu inicio (1984) ata a actualidade. Compositor e adaptador de cancións galegas. Recopilador de folklore
Ten editados trece discos cos grupos xa citados. Creou a música para os vídeos "Historia dá lingua", "Vos señores dá palabra", "70 anos de nacionalismo", "Memoria de rosas", "Longa noite de pedra" con Baldomero Igrexas Dobarrio, "A carón dá escola" (traballo de recopilación de folklore de Nadal), "Cantares de cego I" (recopilación de "cantares de cego"), "Contos de vellos pra nenos" (recopilación de contos tradicionais", "Somos lenda viva" (recopilación de lendas tradicionais).
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas