Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Pistas Concurso Mulleres (martes)

10/3/09

Pistas Concurso Mulleres (martes)

PISTAS MULLER 1
1. Naceu en San Sebastián e o seu pai era
militar.
2. Na súa xuventude viviu nun convento.
3. Case toda a vida vestiu de home.
4. Participou na guerra e destacou no combate
pola súa valentía.
5. Felipe IV confirmoulle o grao de alférez
acadado no exército.




PISTAS MULLER 2
- Naceu en Ilinois (EEUU) nos principios do
século XX.
- Era xudía e os seus avós procedían de Europa.
- Continuadora de Simone de Beauvoir, foi
filósofa, ideóloga e xornalista.
- Teorizou sobre “o problema que non ten nome”.
- Morreu en febreiro de 2006.

PISTAS MULLER 3
1.- En 1936 colaborou co goberno español
republicano en Londres e Madrid durante a guerra
civil española.
2.- Foi a primeira persoa en introducir e difundir
as obras de Henrik Ibsen nos Estados Unidos.
3.- Morreu en Toronto en 1940 e está enterrada
en Chicago.
4.- Foi unha das pioneiras na loita pola
emancipación da muller.
5.- Escribiu un vehemente artigo sobre o coñecido
anarquista español Buenaventura Durruti titulado
Durruti is Dead, Yet Living.

PISTAS MULLER 4
1.- Foi profesora auxiliar da Cátedra de
Metafísica da Universidade Central de 1931 a
1936.
2.- Foi discípula de Ortega e Gasset, de Zubiri e
de García Morente.
3.- O 28 de xaneiro de 1939 cruza a fronteira
francesa camiño do exilio. Vive en París, Nova
Iorque, A Habana, México, Porto Rico , Roma e
Xenebra.
4.- Regresa a España o 20 de novembro de 1984
e reside en Madrid ata a data do seu falecemento
en 1991.
5.- Concedéronlle o Príncipe de Asturias de
Comunicación e Humanidades e o Cervantes.

PI
STAS MULLER 5
1. - É de nacionalidade marroquí.
2. - Naceu no ano 1941.
3. - Ensaísta e escritora.
4. - Defende os dereitos da muller musulmana.
5. - Realizou numerosos estudos sobre a
condición da muller no seu pais.

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas