Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Libros para o veran

20/6/09

Libros para o veran



.S.B.N.: 9788497825566
Lúa do Senegal
Agustín Fernández Paz
Editorial: Edicións Xerais Año: 2009 Páginas: 200
Formato: Rústica
Precio: 8.50 €
Lúa do Senegal está dedicada ,entre outros, “a Ousmane Sembène, mestre”
É unha novela sobre a emigración que narra en primeira persoa a historia dunha rapaza de 1o anos, Khoedi, que ten que vir do sur de Senegal , Casamence,porque o pai levaba uns anos en Vigo e pide a reagrupación familiar. O que conta Agustín no libro é o proceso de adaptación da nena desde que chega ata que comeza o primeiro día de clase. a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo.
Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta.
A novela fala do desarraigo e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Aínda que o tema é a emigración, non está abordado desde un punto de vista sociolóxico, senón o que predomina é o feito de cambiar de cultura, de lingua, de casa, de paisaxe... Todo é diferente, menos a lúa. De aí o título.

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

Agustín, coma Paco Martín, coma Xabier P. Docampo, amigos, chairegos (uns máis que outros) e compañeiros de xeración os tres, esa que Manuel Bragado deu felizmente en chamar “Xeración Lamote”. A débeda que temos contraída con eles é impagábel.A cidade dos desexos abriu en 1989 unha carreira, a do vilalbés, inzada de premios.
As flores radiactivas, Cos pés no aire e Corredores de sombra son algúns dos títulos que fan grande a un autor apreciado e querido, que recibe centos e centos de cartas deses mozos e mozas que fixeron de Cartas de inverno un fito da nosa literatura con case setenta mil exemplares vendidos en lingua galega. Contos por palabras, unha marabilla, supuxo o seu recoñecemento internacional ao ser incluído na listaxe de honra do IBBY en 1992, igual que Aire negro, escollido de novo polo IBBY en 2001 e pola Jugenbibliothek de Munich que outorga os prestixiosos White Ravens. Cando lle concederon o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil o ano pasado polo seu volume de relatos O único que queda é o amor, Santiago Jaureguizar deulle a volta á noticia no seu blog: o importante non era que Agustín gañara o Nacional, senón que o Nacional gañara a Agustín. Non lle faltaba razón. Era o premio o que ficaba honrado ao acollelo na súa listaxe de vencedores, ao destacar un escritor cuxa ausencia case resultaba escandalosa.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas