Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O club da Calceta

9/7/09

O club da Calceta

Si ainda non a leiches, agora é o momento.
Seis mulleres moi diferentes entre si asisten a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero onde, ao mesmo tempo, toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dá a voz a estas mulleres que, desde as súas diferenzas, conseguen atopar na unión a forza necesaria para sobreporse a un presente que as nega ou menospreza.
Unha lectura entretida , ás veces, ata hilarante. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda fannos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
Hai película para ver un avance preme aquí

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

'Ou Club dá Calceta', un largometraje para televisión coproducido por Galicia e Cataluña e rodado en galego, con guión e dirección de Antón Dobao, se rodou íntegramente a finais do 2008.
Espazos como o barrio de Caranza, o cemiterio de Catabois, ou o Hospital Novoa Santos, convertéronse nos escenarios nos que se recrean as cinco vidas, marcadas por conflitos persoais e frustracións, dunhas mulleres que acaban coincidindo nun mesmo curso de calceta.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas