Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
25/3/10
A Esmorga
UNHA TRAXEDIA CONTEMPORÁNEA
A obra manten íntegra a adaptación textual de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro, Recrea a peripecia de tres individuos moi conflitivos (Cibrán, Bocas e Milhomes) que escapando da xustiza, cometen unha serie de delitos.
O grupo xoga coa dupla interpretación: Monólogos en presente do reo (Cibrán) en primeira persoa diante dun xuíz “ausente”; e en flashback os feitos acontecidos nas vintecatro horas de esmorga na que participou o protagonista.
Na representación atopamos engadidos como as escenas xestuais dun personaxe maldito e enigmático O Marqués de Andrada. Tamén atopamos a presenza do Coro estilizado e testemuña dos acontecementos que se desdobran en coro do pensamento e coro social.
Os actores e actrices traballan en rexistros emocionais moi intensos para que a violencia e a procura do pracer como liberación da miseria e do medo creen un clímax ascendente no que adquire unha grande importancia o contraste entre a realidade e o fantástico; entre o que é propio da vida real dos esmorgantes (tabernas, prostíbulo) e o que lles é alleo e inalcanzábel (pazos, igrexa).
Os temas van á par da acción: opresión económica, dominio social e represión sexual levan aos “esmorguistas” ao asasinato ou á autodestrución; a outra alternativa, a da loucura. Os mozos vehiculizan a violencia contra si mesmos e destrúense entre eles.
As mulleres da troulada teñen moita importancia, viven tamén nas marxes. En contraste aparece a misteriosa muller estranxeira e aristócrata que vai desmontar o mito da dona ideal. A amiga de Cibrán (A Raxada) e a nai son mulleres fortes diante da adversidade, tratan de persuadirlo para que acougue e cumpra a súa promesa. A tensión dramática é por veces moi alta.
O ambiente da obra está marcado pola chuvia, que crea unha atmosfera abafante e determina, en moitas ocasións, as decisións dos esmorgantes nesa fuxida da represión que dá grande dinamismo ao espectáculo nun clima de fatalidade que envolve os acontecementos.
Coa axuda da enorme plasticidade da escenografía, da luz, das imaxes e os efectos necesarios para visualizar as accións en itinerancia; coa valiosa aportación da música en directo; coa harmonización do vestiario, a maquillaxe e as máscaras, e por riba de todo cun elenco de primeira liña, esperamos que esta proposta ; enfocada como Traxedia Contemporánea , satisfaga as túas expectativas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas
No hay comentarios:
Publicar un comentario