
Lingua de amor 2010
Xa está en marcha a cuarta edición do concurso de cancións e declaracións de amor a través da internet
O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a cuarta edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor a través do correo electrónico.
Un dos obxectivos principais deste concurso é estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.
Pretendemos vincular as rapazas e rapaces de Galicia coa súa lingua e incrementar a percepción do galego como unha lingua que é útil para as actividades de lecer e momentos de diversión: o galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, facer amizades e... por que non? Tamén para formar parellas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario