Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 1/2/12 - 1/3/12

27/2/12

ENCUENTRO CON FERNANDO MARÍAS

     
      El próximo miércoles, 29 de febrero, visitará nuestro centro el escritor  Fernando Marías, para charlar con el  alumnado de 1º y 4º de ESO.

     Fernando Marías es guionista de cine (fue  nominado para los premios Goya  en 2003 en la categoría “Mejor guión adaptado”,  con la película La luz prodigiosa), editor (de numerosas antologías de relatos de terror, contra la violencia de género, contra la explotación infantil…) y, fundamentalmente,  novelista. Su labor narrativa ha sido  reconocida con numerosos premios en los últimos años, entre ellos el Premio Nadal, otorgado en 2001, por El niño de los coroneles y el Premio Nacional de Literatura Infantil y  Juvenil, otorgado en 2006 por su obra Cielo Abajo.

25/2/12

Recréate coas curtas

Volve recrearte coas curtas este luns de 15:45 a 16:20. No salón de actos, o Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística proxectará:

Taxia
Comedia muda de animación realizada por Alberto Fernández e David Robles. Conta a historia dunha anciá que sofre, por causa da idade, alteracións na percepción da realidade. Cando un grupo de adolescentes urbanos e a súa música atronadora irrompen na tranquila vida rural, calquera cousa pode pasar...

O máis rico do cemiterio
A ambición pode levar aos humanos a situacións extremas. Esta é a reflexión última que suscita no espectador O máis rico do cemiterio, unha produción de Jorge Fernández, protagonizada por Avelino González, Luís Iglesia e Anabell Gago, na que se conxuga un dos temas característicos da idiosincrasia galega: a morte, xunto coa historia do crime perfecto.

Os Crebinsky
A curtametraxe de Enrique Otero, será o xermolo da longametraxe do mesmo nome realizada no 2009. Nela mestúrase o mellor do cine mudo co relismo máxico galego de autores coma Cunqueiro ou Rivas para contarnos a historia de dous irmáns que sobreviven na Costa da Morte grazas ás crebas: os obxectos que vai deixando o mar na area. Recolle tamén a historia, xa contada por Rivas, dun cargamento de leite condensada, procedente dun naufraxio, que chega a Arou nos anos 70 e a curiosa reacción dos lugareños que descoñecían o produto...



24/2/12

24 de febreiro, Día de Rosalía

   O 24 de febreiro de 1837 nacía en Santiago de Compostela a nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro. A súa obra permanece viva 175 anos despois.   

 — Meniña, ti a máis fermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpia e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser de aurora
nunha cunchiña de nacra?
Mais, de onde queira que sexas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor puro
que pouco a pouco me mata.
Por ti, de noite e de día,
cal vaga sombra encantada,
preto do teu vivir ximo,
ximo cos ventos que pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun harpa,
que con ecos tembradores
dos meus amores che falan.
Mais dime: ¿por que estás muda,
di por que estás solitaria,
di por que vives nos montes
cos paxariños que cantan,
mentras ti choras e choras
ó pé dun olmo sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de lágrimas.

   Roi Casal musicou este poema no seu primeiro disco, Lendas douradas.


            
          

   Deixamos tamén aquí unha escolma literaria da autora co obxectivo de achegármonos á súa obra.



Casa - Museo Rosalía, Padrón








Escolma literaria 
Rosalía

18/2/12

Tourilandia : Videoclip 'Ai si me opero'


Propias deste tempo de Entroido, tal e como  demostramos na festa do pasado venres,  son as versións de cancións coñecidas con novas e ocorrentes letras. Aí vai unha mostra chea de humor, mais non exenta de crítica.


9/2/12

Imprescindible Juan Mata no congreso Familias lectoras




Os días 21 e 22 de xaneiro, celebrouse en Granada o congreso Familias lectoras en red, organizado pola Consejería de Educación da Junta de Andalucía, en colaboración co Ministerio de Educación. Ao congreso asistiron fundamentalmente familias (pais, nais, avós lectores, nenas e nenos), e tamén profesorado procedente dos distintos recunchos de Andalucía.

A conferencia inaugural correu a cargo de Juan Mata, profesor da Universidade de Granada e unha referencia fundamental no ámbito da formación lectora e do fomento da lectura. A súa intervención é imprescindible para abordar cuestións de lectura e familia no centro escolar, para re-pensar a importancia da formación dos lectores. Recoméndase o seu visionado (a conferencia iníciase no minuto 3,30).

7/2/12

Recoñecemento para os servizos e os equipos de normalización lingüística por parte dos/as escritores/as

A Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG) acordou concederlle o seu premio anual de institucións aos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos e aos equipos de normalización e dinamización da lingua (ENDL) dos centros de ensino

 Na súa asemblea anual, que tivo lugar o pasado 4 de febreiro, a Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), decidiu outorgarlle o Premio AELG para institucións aos servizos de normalización lingüística (SNL) dos concellos e aos equipos de normalización e dinamización da lingua (ENDL) dos centros de ensino, galardón que se entregará na Cea das Letras que terá lugar o 5 de maio.

Segundo sinalan desde fontes da AELG, concédenlle este premio aos SNL e mais aos ENDL, "como xusto e merecido recoñecemento a un sector social e profesional que leva décadas a traballar arreo polo avance en materia de normalización lingüística, ás veces visíbel e outras moitas silente". Deste xeito, a asociación que representa os escritores e as escritoras en galego "apoia o seu labor comprometido para coa lingua de noso, sempre necesario e agora máis xustificado que nunca neste presente incerto, e anima para a súa continuidade como garante imprescindíbel dun futuro que o noso país merece e precisa".

Vía CTNL.org

Unha orixinal formación de usuarios




A dramatización da canción "The Final countdown" de Europe é a escusa para realizar unha actividade de formación de usuarios co obxectivo de formar aos lectores no manexo da CDU (Clasificación Decimal Universal), o sistema para clasificar os libros dunha biblioteca por materias.  Un fermoso traballo do equipo de  Biblioteca Fontem Albei de Fonsagrada.

Un pouco de humor nunca vén mal

1/2/12

TRABALLANDO POLA PAZ


Un ano máis traballamos desde a Biblioteca Sarmiento para que a PAZ non sexa só a negación da guerra, senón tamén a igualdade, a xustiza, a convivencia, o respecto, o amor … no noso día a día.

Velaquí unha pequena mostra do que desde a nosa biblioteca a literatura e o cinema nos poden ofrecer para ensinarnos a convivir:



- Ana Frank. La biografia gráfica / El diario de Ana Frank (novela) / tamén en  versión cinematográfica.

- El niño con el pijama de rayas, de John Boyne / tamén en versión cinematográfica.

- Cielo abajo, de Fernando Marías.

- Irmán do vento, de Manuel Lourenzo.

- Tristes armas, de Marina Mayoral.

- O lapis do carpinteiro, de Manuel Rivas / tamén en versión cinematográfica.

- Unha bolsa de canicas, de Joseph Joffo.



No basta con hablar de paz. Uno debe creer en ella y trabajar para conseguirla.

Eleanor Roosevelt (1884-1962) Defensora de los derechos sociales y diplomática. 



RIMOS CON PELOS NA LINGUA

       Onte, 30 de xaneiro, os alumnos de 3º C fomos a Santiago, xunto con 4º de ESO e 1º de BACH, ver a obra Pelos na lingua, representada polo grupo Talía Teatro.
      Sorprendeunos que fora tan entretida: esperabamos unha obra cunha estrutura tradicional (presentación, nó e desenlace); o que atopamos foi unha boa cantidade de cadros sobre situacións diferentes pero co mesmo tema. Chamounos moito a atención os poucos obxectos que se usaron para crear os diferentes espazos da obra: os actores utilizan unha caixa e dúas cadeiras; con iso constrúen unha cama, un mostrador, unha moto, unhas bancadas dun estadio de fútbol, un banco, o soporte dunha estatua...
      O vestiario era moi sinxelo: a actriz consegue cambiar de personaxe reemprazando pequenas pezas (os cinturóns, os zapatos, o peiteado...) O mesmo sucede cos dous actores, que poden transformarse:  en adolescentes, en mulleres, en médicos, en entrenadores ou en superheroes cambiando só un xersei, poñendo un antifaz, perrucas, etc.
     Quizais o máis importante da obra sexa o humor: trátase un tema de actualidade e moi pròximo a nòs (a necesidade e a utilidade de falar galego, dado que é unha lingua cun valor indiscutible) dunha maneira moi agradable.

   Pero quizais o máis destacado desta viaxe foi que nos fixo darnos conta de que a literatura non só se le, pódese ver ... e ademais pode ser tremendamente divertida.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas