Como cada luns, continuamos coa proxección de curtas no salón de actos. Agardámoste entre as 15:45 e as 16:20 porque, desta volta, Óscar M. Cajide (1.º Bacharelato A), seleccionou para todos nós un drama e unha curta de animación que vai arrincar sorrisos:
Comedia muda de animación realizada por Alberto Fernández e David Robles. Conta a historia dunha anciá que sofre, por causa da idade, alteracións na percepción da realidade. Cando un grupo de adolescentes urbanos e a súa música atronadora irrompen na tranquila vida rural, calquera cousa pode pasar...
O Cerco
Ningunha guerra é tan destrutora coma a que se libra no interior de cada un de nós. Martiño Vázquez, no 2007, ambienta a súa primeira incursión como director nun clima bélico. Inmerso nel, “ o cidadán 3398-MVB enfróntase a unha existencia que non lle deixa máis alternativa cá fuxida desesperada, pero... cara onde..? Sempre hai alguén que se agocha nas sombras agardando a nosa debilidade para someternos, para obrigarnos a habitar un cerco de inhóspitas formas cheo de medos e de odios... O Cerco da nosa memoria atormentada”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario