Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Falando en latín sobre a morte

9/11/14

Falando en latín sobre a morte

     
  • In articulo mortis (“á hora da morte”): expresión que se emprega para indicar os últimos momentos de alguén.
  • In memoriam (“en memoria dunha persoa morta”): locución relacionada con inscricións funerarias e os escritos en homenaxe a un defunto.
  • Post mortem (“despois da morte”): emprégase na linguaxe médica e no dereito.
  • Réquiem (“descanso”): misa que se di polas almas dos mortos. Composición musical para dita misa.
  • Corpore insepulto (“co corpo sen sepultar”): dise do funeral que se celebra co defunto de corpo presente.
  • Resquiescat in pace (“descanse en paz”): frase do oficio de defuntos cuxas iniciais grávanse sobre as tumbas, R.I.P., aínda que hoxe en día acostuma a empregarse máis a fórmula D.E.P.
  • Rigor mortis (“rixidez do cadáver”): endurecemento do corpo despois da morte.

                               Alba Sánchez, Paula Sánchez e Marta Lodeiro, 1º bacharelato-B
     
     

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas