Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Léxico da morte

9/11/14

Léxico da morte

  • Cadáver: é o corpo dun ser vivo morto. De cadāver, -eris, en relación co verbo cadere, 'caer' (“caído”, “morto”). Descomponse nos termos: caro data e vermibus. O significado sería “carne dada aos vermes”.
  • Defunto: procede de defunctus, do verbo defungor “cumprir, pagar unha débeda, acabar con”.
  • Incinerar: acción de queimar algo ata reducilo a cinzas. Do latín in + cinus “cinza”.
  • Inhumar: acción ou acto de enterrar un cadáver. Do latín in + humus “terra”.
  • Sepelio: acción ou cerimonia de inhumar ou enterrar o corpo dunha persoa falecida. Do verbo sepelire “enterrar”.
  • Exequias: de exequiae que significa “honras fúnebres”, do verbo exsequor que significa seguir ao enterramento.
  • Funeral: do latín funus,-eris “cerimonia fúnebre”, “cortexo fúnebre”.
  • Columbario: do latín columbarium “conxunto de pequenos nichos nos cemiterios dos antigos romanos, onde colocaban as urnas coas cinzas dos defuntos”. Ten relación con termo latino columba “pomba” e con columbarium “palomar” pola similitude entre os palomares e os nichos funerarios.
  • Osario: nun cemiterio lugar onde se enterran os ósos que se sacan das lápidas. Do latín os,ossis “óso”, máis o sufixo -arius “lugar”.
  • Lápida: do latín lapis,-idis “pedra”. Pedra gravada xeralmente en mármore que serve para marcar onde se atopa unha sepultura.

                                                     HELENISMOS
  • Tumba: do grego: τύμβοςtúmulo”. É unha edificación con forma de cámara destinada a depositar os defuntos.
  • Necrópole: é un cemiterio ou lugar destinado aos enterramentos. Etimoloxicamente significa cidade dos mortos, de νέκρος “morto, cadáver” e πόλις, “cidade”.
  • Sarcófago: é un recipiente, xeralmente tallado en pedra, destinado a conter un cadáver. De σάρξ, σαρκός “carne” máis φαγεîν “comer”, que se traduciría como «o que devora carne».
  • Pompa: de πομπή , “procesión, desfile solemne”.
  • Epitafio: de ἐπί “sobre” máis ταφός “tumba”. É o texto en verso, que inscrito nunha lápida ou placa, honra ao defunto,
  • Cemiterio: do termo κοιμητήριον "dormitorio", derivado de κοιμάω “acostarse”. Segundo o cristianismo, os corpos durmen” ata o día da resurrección.

                   Antía Merelas e Antón Sánchez, 1º bacharelato-B

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas