Blog da Biblioteca do IES de Curtis: O culto aos mortos: Manes, Lemures e Larvas

9/11/14

O culto aos mortos: Manes, Lemures e Larvas




Os Manes son os espíritos dos mortos, que, por atribuírlles os romanos poderes maléficos, hai que telos a ben. O seu nome significa “os bos”. Os romanos aplacábanos cuns bos fuñerais, e, sobre todo, con flores. 

Parecidos, pero menos pacíficos, son os Lemures que podían facer dano e atormentar aos vivos. Para arredalos do fogar,  o pater familias na festividade chamada Lemuria realizaba un ritual á medianoite dos días 9, 11 e 13 de maio, a esa hora, erguíase, lavaba as mans en sinal de purificación, metía nove fabas negras na boca e, descalzo, ía paseando pola casa cuspíndoas unha a unha, para que servisen de alimento aos Lemures e pronunciaba unhas palabras rituais. Ó final, volvía lavar as mans sen mirar para atrás, tocaba un pratiño e pronunciaba outra vez as oracións .


Aínda más terroríficos son as Larvas, espectros, pantasmas ou esqueletes dos que pasaron una vida amargada e que agora se veñen vingar dos que os fixeron sufrir na vida. Para defenderse deles recorrían a meigos  que subministraban beberaxes aos enfermos.




                                                                                           Brenda Pérez Rodríguez, 4ºESO-B

No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas