Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Inscricións funerarias dos romanos

9/11/14

Inscricións funerarias dos romanos



              As inscricións funerarias están dedicadas aos defuntos. Normalmente están formadas polos seguintes elementos:

1.  Unha invocación aos deuses Manes D (Dis) M (Manibus) S (Sacrum), que significa consagrado aos deuses Manes (espíritos dos mortos).
2.     O nome do defunto en caso nominativo ou dativo.
3.    A idade na que finou é indicada normalmente por AN (annorum), tamén por A ou ANN e logo o número.
4.     As seguintes fórmulas:  H (Hic) S (Situs/a) E (Est) “aquí está enterrado/a”  e S (Sit) T (Tibi) T (Terra) L (Levis) “que a terra che sexa leve”.
5.    O nome da persoa ou persoas que pagan ou mandan facer a inscrición e ás veces a súa relación co finado.
6.  Un verbo indicando a realización da inscrición. Poden aparecer os seguintes: F (Fecit / Fecerunt:fixo / fixeron), F(Faciendum) C (Curavit / Curaverunt:  encargouse / encargáronse de facela) ou P (Posuit / Posuerunt: colocou / colocaron).






Abreviaturas:

D.M.: Dis Manibus

Nome propio: Caio Calpurnio Clibertilo

HIC SITUS EST: aquí está enterrado

VIX(it) ANN(os) XXI: viviu 21 anos


     
              

                      Déborah Dos Santos, Rocío Espiñeira e Sara Corral, 1º bacharelato-B




No hay comentarios:

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas