Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Marica Campo

14/10/09

Marica Campo

Confeso que estou tola:
Teño alucinacións multicolores
nos plenilunios
e ando a cortar lilas de auga
para poñer, vizosas, en púcaros de lume.
Porque vén ser que alobo cando a lúa é máis grande
e branquiamarelea na pupila do mundo.
Daquela escoito músicas de tambores e frautas
e bailo cos pés nús no caborco da noite.
Penduro das orellas espantos coma brincos
de morcegos pregados e falo coas coruxas
na lingua máis arcana.
(Ignoro se me ollades,se estou engaiolada
e vós, por divertirvos, ceibades cacahuetes
entre as reixas que afastan o meu soño e o voso)Confeso que estou tola:teño unha barca branca
que navega por rúas e por rios de vidro
e eu vou de pé na proa, cos remos cara aco ceo,
derrubando as estrelas.(Non sei se as recolledes,
se apañades os froitos da vendimia
nos astros para facerdes viño
e cuspirmo nos ollos).
Confeso que estou tola:
Eu vivo no tellado
da casa e cando chove bebo a chuvia que cae
e dela me alimento. Béboa coma quen bebe
tempo desconxelado, champaña á fin de festa
ou un amor que pasa.
DEspois, cando clarea,
perdo o medo e camiño sempre á beira do aleiro
desafiando a altura.......

1 comentario:

Curtisbiblio dijo...

Segun refire a propia Marica , naceu un 24 de febrerio do 1948, nevaba é o séu pai tiña un pé no outro mundo. Na súa infancia falaba CAstelan, mais escoitabamos continuamente o galego, a xente do lugar e disimulaban o séu galegismo, por mor dos tempos que corrian.
Foi mala de estudiantee, e case que acaba de monxa. E sempre dixo que antes que escritora era persoa e que o primeiro era vivir, e que tal vez, escribir é vivir. ¿Non si?

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas