Blog da Biblioteca do IES de Curtis: 1/8/09 - 1/9/09

31/8/09



A silandeira sombra sen consolo
daquil que fun, decote vai comigo.
Lonxano amor, hedra que medra e medra
dentro de min subíndome amodiño.
Aquil que fun non son, por iso estamos
xuntos os dous. Aquil que entonces era
coma un río fuxiu, pero quedouse
coma o río que pasa e sempre queda.
Fecunda sementeira o pasado,espello meu,
única vida viva,todas as cousas morren e esmorecen
somente ti, lembranza, te eternizas.
Espello meu, no que me estou ollando
:ise que agora son xa non existe.
O tempo faise estatua na saudade
e eu morro de saudades cada intre.

21/8/09

Sakineh Mohammadi

Sakineh Mohammadi leva máis de tres anos na prisión de Tabriz, no oeste de Irán.
Foi acusada de ter unha “relación ilícita”, polo que no seu día xa recibiu 99 lategazos. Agora é acusada de adulterio . Os xuíces non dubidaron en condenala a morte por lapidación.
En abril unha parella afgana foi asesinada por talibans cando pretendía fuxir a Irán despois que as suas familias non consentiran seu matrimonio.

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search?q=bodas+de+sangre
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search/label/Garcia%20Lorca



El vuelo del pájaro elefante

Avanzo a través del túnel que excavé durante meses en la toba blanda. Me arrastro por este nauseabundo arroyo con la desesperación de los que se saben imantados por fuerzas fatales, de los que han infligido dolor, de los que han sido martillos inclementes para numerosos clavos. Después de dos horas de angustia, mi cuerpo asoma fuera de la boca del túnel. El zumbido de los oídos desaparece. Logro esquivar los reflectores en el mortal damero del patio de la prisión. Me muevo como un veneno recién inoculado. Acometo sin respiro los vastos y resbaladizos muros de cantería. Tras ocultar las sábanas encordadas, atento a los paseos de los guardianes, me interno en las sombras reconocibles de la tercera galería. Puedo escuchar el roce de mis pisadas y el frotecillo asombrado del mecanismo de la suerte. Por fin estoy ante los barrotes. Inspiro profundamente, adelgazándome, y me deslizo entre ellos. Con infinito alivio regreso a las dulzuras de mi celda, a salvo de la aturdidora, extenuante y espantosa libertad.

20/8/09

A galiña azul

Estes días anda o pobo un pouco alborotado. Acórdaste dun rapaz que se chama Lorenzo e que andaba sempre na compaña dun can pequeniño de rabo zuro? Pois Lorenzo ten unha galiña azul con cinco plumas vermellas na á dereita.É unha galiña moi bonita e moi rara. Pon ovos de colores. Xa puxo dous marelos, un rosa e tres verdemar. Ademais non di cacaracá como as outras galiñas, senón que di cocorocó. E isto ten preocupadas as autoridades.Tan preocupadas as ten que hai catro días chegoulle un oficio a Lorenzo pedíndolle que entregase a galiña polas boas. Lorenzo negouse, porque aínda que lle din que só é para que a vexa un veterinario, o certo é que, segundo dixo o señor Casimiro, o porteiro do Concello, a galiña vana matar.O alcalde, Manolito Listón, dixo nunhas declaración que fixo para a televisión e para os xornais, que non se podía tolerar a existencia dunha galiña azul, porque, segundo Manolito Listón, unha galiña azul que pon ovos de colores e que di cocorocó en vez de cacaracá non é unha galiña como é debido.O caso é que o pobo anda todo alborotado e o pobre Lorenzo non levanta cabeza.Antes paseaba todo contento coa súa galiña pola rúa, pero agora está na casa e algúns din que a galiña a ten disfrazada de branco para que non lla coñezan. Pero de certo, pouco se sabe.Eu non sei que vai pasar, porque os veciños están de parte de Lorenzo e da galiña. Non teñas pena, que xa che contarei en que queda isto.Lorenzo encárgame que che dea lembranzas del e da súa galiña azul.
Sabes que se arranxou o asunto da galiña azul de Lorenzo?Verás. O día aquel que che escribín contándoche todo, resulta que a iso das cinco da tarde chegaron os gardas a buscar a galiña azul, de parte de Manolito Listón. Ía moito sol e podía ser un día ben ledo se non fose pola pena que tiñamos todos.A xente congregouse diante da casa de Lorenzo. Habería para aí máis de mil persoas. Eu tamén fun.A que non adiviñas o que pasou? Pois o día anterior discorreu que a mellor maneira de arranxar as cousas sería tinguir de azul todas as galiñas do lugar, pintándolles de vermello cinco plumas da á dereita e despois soltalas arredor da galiña azul de Lorenzo. Como nós non temos galiñas na casa, eu fun mercar unha á feira de Allariz e tinguina de azul tamén.Cando chegaron os gardas, atoparon tanta galiña igual que non sabían cal era a de Lorenzo.Só houbo un pequeno despiste. Foi cousa de Leoncio, que se trabucou e apareceu cunha galiña pintada de vermello. Cando lla viron os gardas, queríanlla matar. Se o vises escapar coa súa galiña debaixo do brazo e berrando: "Para gustos fixéronse colores!"Agora o Manolito Listón di que cando chova se vai arranxar, que as galiñas han perder o tinte e que entón, xa veremos... Pero polo de agora vai moita calor e temos o verán enteiro por diante.De momento, Lorenzo anda amestrando a galiña para que, ao menos en público, aprenda a dicir cacaracá en vez de cocorocó.Claro que a xente do lugar ten un contrasinal para coñecer a verdadeira galiña azul. Xa cho direi cando veñas.

19/8/09

Carrachanacacha

Ánxel Casal e Federico García Lorca


Se alguén,algún día, escribise esta historia da queima de libros na Coruña podería engadir unha anotación non gratuita. Ánxel Casal e Federico García Lorca foran asasinados aquela mesma madrugada. O editor galego nunha cuneta á saída de Santiago, en Cacheiras, e o poeta granaino no Barranco de Viznar, en Granada.
Sobre a misma hora e a mil quilómetros de distancia.

El 19 de agosto fue llevado al barranco de Víznar con otros presos y, allí, en una noche de perros, le dieron muerte

No tuviste tu muerte, la que a ti te tocaba.
Malamente, a sabiendas, equivocó el camino.
¿Adónde vas? Gritando, por más que aligeraba
no paré tu destino. ¡Que mi muerte madruga!¡Levanta! Por las calles,los terrados y torres tiembla un presentimiento.A toda costa el río llama a los arrabales,advierte a toda costa la oscuridad al viento.
Yo, por las islas, preso, sin saber que tu muerte
te olvidaba, dejando mano libre a la mía.

¡Dolor de haberte visto, dolor de vertecomo yo hubiera estado, si me correspondía!
Debiste de haber muerto sin llevarte a tu gloria

ese horror en los ojos de último fogonazo
ante la propia sangre que dobló tu memoria,
toda flor y clarísimo corazón sin balazo.
Mas si mi muerte ha muerto, quedándome la tuya,

si acaso le esperaba más bella y larga vida
,haré por merecerla, hasta que restituya
a la tierra esa lumbre de cosecha cumplida.

Os Caneiros en Os libros arden mal



Mirou entre as taboas do valado, dende a Gaitiera. Todos os trens estaban parados e aquel silencio das máquinas pareceulle un silencio redobrado. O tren dos Caneiros endexamais saíu. Converteuse nunha locomotiva fantasma. Cando de novo se puxeron en marcha, todos os convois irían a partir de entón, dunha maneira ou doutra, en dirección á guerra. Calquera que coñocera ben os trens, sabía que cambiaran o son. As máquinas, os camiños de ferro, todo era o mesmo, mais cambiara o son.

A xira dos Caneiros


Levaba días preparando a xira dos Caneiros. Ia haber un tren especial. Irían logo en barcas remontando as augas escintilantes do Mandeo cara ao corazón da fraga. Habería discursos libertarios, comida a fartar, e logo música, moita música. Era un día fermoso, un día de paraíso na terra. Parecía un pecado non ser feliz.

18/8/09

Soneto de Francisca Aguirre


Detrás de aquellos besos asombrosos
estaba este desastre de horas muertas
y esta prisa cerrando siempre puertas
y estos amaneceres dolorosos.
Detrás de aquellos años milagrosos
estaba el porvenir con sus desiertas
zonas de soledad y sus inciertas
promesas de entusiasmos herrumbrosos.
Detrás de la subida estaba el pozo
y detrás de la dicha estaba el llanto
y más allá del llanto el desconsuelo.
Busco por los rincones algún trozo
de aquellos que una vez quisieron tanto:
sólo queda un retrato y un pañuelo.

17/8/09

El padre de Blancanieves

A persoaxe femenina na literatura

- Agarda! Estás ferido!- hai sangue na perneira de Read.
- Non. Non te preocupes, será doutro- acontece a miúdo. O sangue mistúrase sin dono pola roupa toda. E as feridas deitan o seu canda as hai






http://pirata.blogaliza.org/2009/06/17/as-minas-mans/#comments

Despedimos a Pablo Antoñana

Morreu Pablo Antoñana o pai creador dun universo literario centrado no diminuto país da súa invención,a República de Ioar Esta República iníciase en Viana, corre mugas cara ao norte polo despoblado de Longar, e abarca a parte oriental da Val de Aguilar con Desojo, a Berrueza enteira, jamás de moros poseida, e Sansol e O Busto, vilas occidentais do distrito dos Arcos.
Ioar cheira a pólvora de pistola, trabuco e canón; a sangue, desvalimiento e morte", cheiros estes que marcaron unha obra e unha temática que o propio autor resumía en marzo de 2008 do seguinte xeito: "Todas las guerras me afectan y no puedo apartarlas de mi desde que conocí la gran matanza del 36. Desde entonces sopen que cuando un hombre mata a otro es un criminal destinado a la cárcel, mientras que cuando da la orden de asesinar a miles de inocentes es condecorado"
Para Antoñana a literatura era "compromiso con la hora y el tiempo que se vive" e a novela sinónimo de testemuña e denuncia. Por iso insistía en falar da guerra, a inxustiza, a maldade, o fracaso ou a pobreza. De feito, en todas a súa novelas aparecen dous grupos enfrontados e irreconciliables: os posuidores e os desposeídos

16/8/09

O tema filla-nai na literatura

O tema da maternidade foi tratado de xeito marxinal na literatura ata o século XX Na historia da literatura hai moi poucas nais e, sobre todo, hai certos aspectos da maternidade que están prácticamente ausentes, como a relación nai-filla, que só se converteu nun tema literario no último medio século, desde que Simone de Beuavoir publicou Unha morte tan doce, ou como o tema do embarazo tan intenso física e emocionalmente como a sexualidade.
Na narrativa escrita por mulleres, óese moito a voz da filla, quen pode e sabe expresarse pola pluma. Así ocorre en contos como Cuaderno para cuentas de Ana María Matute, Carta a la madre de Esther Tusquets e De su ventana a la mía de Carmen Martín Gaite.
Hoxe El País publica un relato de Almudena Grandes El silencio de la huérfana ca súa eficacia habitual. PREME

Libros para o verán


Nunca seré tu héroe é unha exitosa novela para adolescentes. Unha obra de crecemento na que resulta fácil identificarse co seu protagonista, Andres. Un mozo de 15 anos acomplexado polas espinillas e namorado. Odia estudar e aos profesores, especialmente ao de historia. Escrito cun lenguaxe coloquial, o personaxe móvese por un mundo reconocible polos lectores, e nese mundo crece cos problemas que lle van xurdindo. O seu fracaso nos estudos, a perda de traballo do seu pai, enfrontamento cunha banda xuvenil, a amizade, o desamor...
Da misma autora ,María Menéndez-Ponte Maldita Adolescente, Las dos caras del Playboy, Un novio para Natalia

14/8/09

WOODSTOCK 1969, hai corenta anos



O festival converteuse na icona do hippismo e dunha xeración de mozos enfastiada das guerras que pregoaba a paz e o amor como forma de vida e mostraban o seu rexeitamento ao sistema capitalista.

Considerado un dos mellores festivais de música e arte da historia, congregou 500.000 de espectadores durantes os días 15, 16 e 17 de agosto de 1969. A organización esperaba 60.000, e estímase que 250.000 non puideron chegar. Coñéceselle como Woodstock porque inicialmente estaba programado que tivese lugar nun lugar do pobo de Woodstock, en Ulster County.
O festival converteuse na icona dunha xeración de norteamericanos enfastiada das guerras e que pregoaba a paz e o amor como forma de vida e mostraban o seu rexeitamento ao sistema.
O pacifismo, o amor libre, a vida en comunas, o ecoloxismo, e o amor pola música e as artes, eran os ideais que levou a parte desa xeración a participar deste festival.
Realizouse un famoso documental sobre este concerto, dirixido por Michael Wadleigh e montado por Martin Scorsese. Foi estreado en 1970 e gañou o Premio Oscar ao mellor documental.
Esta é unha lista dos grupos e solistas que tocaron en Woodstock: Joan Baez, Blood, Sweat and Tears, The Jeff Beck Group (cancelada), The Paul Butterfield Blues Band, The Band, Creedence Clearwater Revival, Canned Heat, Country Joe McDonald & The Fish, Crosby, Stills, Nash & Young, Joe Cocker, Arlo Guthrie, The Grateful Dead, Tim Hardin ,Jimi Hendrix, Richie Havens, Keef Hartley, The Incredible String Band, Luis Faraoni, Iron Butterfuly (non tocou), It's a Beautiful Day (cancelado), Janis Joplin, The Jefferson Airplane, The Joshua Light Show, Melanie, Mountain, Quill, John Sebastian, Ravi Shankar, Sly and the Family Stone ,Bert Sommer, Santana ,Sweetwater, Ten Years After, Johnny Winter e The Who.


Ourol, rende homenaxe por primeira vez ás Casabella

Josefa, Felicitas, Encarnación e a neta desta última foron tiroteadas na súa casa de Candedo por militares que cercaban a un dos irmáns Templás, Alejandro, condenado en Lugo a 12 anos de cárcere "por auxilio á rebelión" e protexido das mulleres. Templás, carpintero de 27 anos, conseguiu escapar ao cerco -aínda que falecería pouco despois tras pasar varios días deambulando polo monte-, pero non así as Casabella. Nin sequera houbo compaixón para a máis nova, unha nena de 10 anos. Xunto a ela morreron a súa nai, a súa tía e a súa avóa. Á anciá e a unha das súas fillas nin sequera deixáronlles saír de casa. Á pequena e á súa tía descubríronas nas cuadras e matáronas diante dos seus veciños. Era verán, o tempo da malla, e os falangistas finiquitaron a súa tarefa prendendo lume ao trigo, á vivenda e ao gando das Casabella. O que veu despois fíxose co maior dos sigilos, e aínda así resultou fatal. Francisco, un veciño das mulleres , aventurouse a enterrar os cadáveres á beira do antigo cemiterio de Santa María de Ourol, fóra do chan sagrado. Francisco tiña vacas e un carro ao que subiu os catro corpos, cubriunos con palla, pero o camiño tiña moitos baches e os cadáveres quedaron á vista de todos, os gardas decatáronse do truco e déronlle unha malleira.

http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2009/02/as-irmas-touza-dominguez.html

Un soneto de MODESTO FRAGA

AQUEL VERÁN DIXECHES QUE ME AMABAS.
Non era amor, mais ti falabas delo.
Falábasme do amor do noso selo
e que era a min soamente a quen buscabas.
Aquel verán dixeches que me amabas.
Que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo:
percorrer cos teus beizos o meu pelo
e tocarme coma só ti me tocabas.
Aquel verán dixeches que me amabas.

Que non tiveras antes quen te amara,
nin quen te amara tanto ti tiveras.
Aquel verán dixeches que me amabas.

Dixeches que deixándome perderas
o día en que pra sempre te marchabas.

13/8/09

O santo de pau

As croantas eran as encargadas do coidado do Santo. Tódolos anos facíanlle rogativas.Antes de mirar raiar o sol oíase o cántico repetitivo e lento:
­San Salvador, te rogamos audinos, Santa Catarina, te rogamos audinos, te rogamos audinos.
Aquel ano a seca fora tanta que as Croantas foron en procesión ao río para mollarlle os pés ao Santo (avogoso das intemperanzas atmosféricas) o derradeiro día da rogativa. O remedio operou decontado. Aínda non lle meteran os pés no río, armouse tal treboada que a iauga caía do ceo acandas e mesmo parecía que era de noite. Casilda, a máis vella das Croantas, aínda vendo que a iauga era moita, terqueou en mollarlle os pés ao santo para que o problema quedase solucionado para tempo. Daquela a arroiada foi tanforte que a Croanta e mailo Santo marcharon polo río abaixo. O santo era de pau e aboiaba, pero a vella Croanta foise ao fondo e afogou.
Apañaron o santo pero a ela tardaron algúns días en atopala. Fixéronlle secas ao río, puxeron trasmallos para que caese coma unha troita vella, atoárono con carros de toxo... Todo foi inútil, a vella apareceu inchada, barriga arriba, na balsa do muíño dos Caneiros. O enterro, con moitoscregos, foi na capela. O santo presidía fachendoso o recinto sacro.
Cando xa sacaban o cadaleito para darlle terra, unha das irmás berrou:
­Ai! San Salvador, San Salvador. Aquí só se salva quen nada mellor.

Ramón Torreiro González ,1º premio do V Certame de Microrrelatos "Lonxa Literaria"

Borrow llega a Galicia

Estábamos en el renombrado puerto de Fuencebadon.
Es imposibles describir el puerto ni la región circunvecina, que contiene algunos de los mas extraordinarios paisajes de España; a todo lo que aspiro es a trazar un débil e imperfecto bosquejo. El viajero que sube el puerto sigue durante casi una legua el curso del torrente, cuyas márgenes, escarpadas en algunos sitios, descienden en otros suavemente hasta el agua, y están pobladas de hermosos árboles: robles, álamos y castaños. Al principio se ven numerosas aldehuelas de casas bajas, con techumbre de inmensas pizarras y aleros que casi tocan el suelo. Las aldeas son menos frecuentes a medida que el camino es más estrecho y escarpado hasta que, por último, desaparecen poco antes del sitio en que el camino se aparta del riachuelo para no verlo más si bien se oye todavía a sus tributarios mugir en el fondo de las ramblas o se los ve caer en delgados chorros por los barrancos abajo. Todo es allí de insólita y agreste belleza. La eminencia por donde trepa el camino se yergue a la derecha, mientras en el extremo opuesto de un profundo barranco se alza una montaña inmensa, a cuya cima apenas alcanza la vista. Pero lo mas singular del puerto son los campos o praderas suspendidos en lañaban, aunque parecía imposible que un hombre pudiera tenerse en pie en terreno tan escarpado; los senderillos que corren en todas direcciones parecen hilos tendidos en la falda de la montaña. Un carro de bueyes va serpenteando en torno de un pico elevadísimo; una de las ruedas queda por completo al acre sobre la espantosa pendiente; el vértigo se apodera del cerebro y hay que apartar la vista con rapidez. Una nube se interpone; cuando volvemos a mirar, los objetos de nuestra ansiedad han desaparecido. El camino es cada vez más estrecho y tortuoso. Andadas dos leguas aún queda un tercio de la cuesta por subir. Todavía no es aquello Galicia; todavía se oye hablar castellano, muy tosco, a la verdad, en las chozas miserables levantadas en los apartados rincones por donde pasa el camino.
Poco antes de llegar a lo alto del Puerto una niebla espesa envolvió las cimas de las montañas. Comenzó a lloviznar. «Estas son las nieblas que los gallegos llaman bretima –dijo Antonio–, y abundan mucho en esta tierra». «¿Ha estado usted ya otras veces en Galicia?», pregunté. «Non, mon maître; pero he servido en muchas casas donde había criados gallegos, y por eso conozco un poco sus costumbres y su lengua». «¿Y tiene usted buena opinión de los gallegos?» «En manera alguna, mon maître; los hombres, en general, parecen muy rústicos y simples, pero son capaces de engañar al filou más listo de Paris; respecto de las mujeres es imposible vivir en la misma casa que ellas, sobre todo si son camareras y acompañan a la señora; no hacen más que mover disensiones y disputas en la casa, y contar habladurías de los otros criados. Ya he perdido en Madrid dos o tres colocaciones excelentes por culpa de las camaretas gallegas. Ya estamos en la raya, mon maître; me parece que este pueblo debe de ser ya de Galicia
.».
George Borrow;La Biblia en España

12/8/09

Agustín García Calvo e Isabel Escudero (La Estación Azul)

El Lugar Del Crímen


Más allá de la sombra
te delatan tus ojos,
y te adivino tersa,
como un mapa extendido
de asombro y de deseo.
Date por muerta
amor,

es un atraco.
Tus labios o la vida

EL PROYECTO

El niño se inclinó sobre su proyecto escolar, una pequeña bola de arcilla que había modelado cuidadosamente. Encerrado en su habitación durante días, la sometió al calor, rodeándola de móviles luminarias, le aplicó descargas eléctricas, separó la materia sólida de la líquida, hizo llover sobre ella esporas sementíferas y la envolvió en una gasa verdemar de humedad. El niño, con orgullo de artífice, contempló a un mismo tiempo la perfección del conjunto y la armonía de cada uno de sus pormenores, las innumerables especies, los distintos frutos, la frescura de las frondas y la tibieza de los manglares, el oro y el viento, los corales y los truenos, los efímeros juegos de luz y sombra, la conjunción de sonidos, colores y aromas que aleteaban sobre la superficie de la bola de arcilla. Contra toda lógica, procesos azarosos comenzaron por escindir átomos imprevistos y el hálito de la vida, desbocado, se extendió desmesuradamente. Primero fue un prurito irregular, luego una llaga, después un manchón denso y repulsivo sobre los carpelos de tierra. El hormigueo de seres vivientes bullía como el torrente sanguíneo de un embrión, hedía como la secreción de una pústula que nadie consigue cerrar. Se multiplicaron la confusión y el ruido, y diminutas columnas de humo se elevaban desde su corteza. Todo era demasiado prolijo y sin sentido. Al niño le había llevado seis días crear aquel mundo y ahora, una vez más en este curso, se exponía al descrédito ante su Maestro y sus Compañeros. Y vio que esto no era bueno. Decidió entonces aplastarlo entre las manos, haciéndolo desaparecer con manifiesto desprecio en el vacío del cosmos: descansaría el séptimo día y comenzaría de nuevo.

7/8/09

Me voy al bosque encantado


Ya debería estar allí, pero la familia propone y el tiempo dispone.
Dicen que es el bosque más hermoso de la Península, el nombre ,leonés, para este bosque de hayas es faedo , evidentemente , no puedo evitar las connotaciones.
Luís Lobo García ,desde Bruselas, describía así este espacio mágico:
TIERRA DE MIS MOCEDADES
Atalayan el camino que buscas,
(viajero de La Pola de Gordón),
El piélago calizo de nuevos pinos
y Los Sierros del Millar;
parajes de grandes montes;
son puertas de piedra y roble.
¡Pasa, viajero!
Te espera un pueblo de abierta amistad,
montañés señorío,
hidalga acogida y buen andar;
pueblo que eleva todo lo humano
en el aire que escribe su vida,
sin bajar a la tierra ni subir al cielo.
¡Ésta es la tierra de mis mocedades!
La mejor para sentirme montaña;
de buena paz, para vivir en el valle.
Aquí la vida me marcó dos pasos:
de ágil galope para seguir aventuras,
y reposado andar para seguir viviendo.
Aquí pidió mi juventud a la vida un lujo:
Libertad de pensamiento.
¡Blanca añoranza que alivia el espíritu,
en los duros achaques que sufre el cuerpo!

6/8/09

http://www.bluesuburbia.com/

Hoxe, na Feira do Libro da Coruña

18.00 A feira dos nenos. A escritora Heidi Kühn-Bode presenta a súa Actividade teatral para nenos realizada arredor do seu libro Falou un queixo, publicado pola Editorial Galaxia.
19.00 O escritor e xornalista Carlos G. Reigosa asinará exemplares do seu libro A vida do outro (premio Torrente Ballester 2008), publicado por Edicións Xerais de Galicia.
19.00 O escritor Carlos L. Medrano, presenta o seu libro Esfinge. Relatos de pensamento creativo, publicado por 3C3 Editores. Xunto co autor, participan no acto Salvador Naya e Amancio Liñares Giraut.
19.30 O escritor Ignacio del Valle, asinará exemplares do seu libro Los demonios de Berlín, publicado pola Editorial Alfaguara.
20.00 O escritor Luis Pousa Rodríguez asinará exemplares dos seus libros La noche de las palabras, gañador do IX Premio Literario Fernando Arenas Quintela (2009), editado por Publicaciones Arenas e Embigo do mar, publicado por Edicións Espiral Maior.
20.00 O escritor Carlos Mella presenta o seu libro Memorias dun ninguén, publicado pola Editorial Galaxia.
20.30 O escritor Javier Sáez de Ibarra asinará exemplares do seu libro Mirar al agua (Premio Ribera del Duero de Narrativa Breve), publicado pola editorial Páginas de Espuma.
21.00 Recital narrativo musical de Xosé Carlos Caneiro arredor do seu libro Blue moon, publicado por Biblos.

Libros para "o verán "


Marina unha novela fantástica desenvolvida na segunda mitad do seculo XX na cidade de Barcelona. Publicada no 1999 por Edebé (editorial) (ISBN 84-236-6215-2) está escrita por Carlos Ruíz Zafón .
Aínda que se lle colocou a etiqueta de “novela xuvenil”, tal vez por o seu caracter fantástico e porque os seus protagonistas son mui xoves, o que nela sucede pode ser apreciado e desfrutado por un público adulto. A historia está ambientada na Barcelona dos finais dos 70.
Dende o comenzo da historia o misterio é un dos recursos principais para manter a atención do lector . Á parte do misterio e o medo, un toque poético e nostálxico impregna algunhas pasaxes da evocación do pasado que se vai alternando co presente no desenvolvimento desta historia de amor.

5/8/09

Hoxe, feira do libro de A Coruña


16 .00 A feira dos nenos. Acto arredor do libro O arco da vella, de Charo Pita, ilustrado por Xosé Tomás. Participarán os autores do libro.
20.00 O escritor e xornalista Luis Rei Núñez presenta o seu libro Monte Louro, (Premio Blanco Amor de novela 2009). Xunto co autor, participarán no acto o escritor Xavier Seoane e Manuel Bragado.

Prefiero el siglo XVIII con los enciclopedistas y los libertinos


IL GIARDINO SEGRETO
Ángel Olgoso
Bajo la breve tarde de invierno todo mueve al silencio en el patio del convento de clausura. Arriates entre blancos muros, el verdor del huerto y, al fondo, la antigua cripta rodeada de plantas medicinales. Huele a incienso olíbano y ciprés. Dos gatos se pasean despreocupadamente sobre las enormes losas pulidas. En esto, las monjas salen de sus celdas, van desnudas a excepción de la toca que cubre sus cabezas, y en un rincón del patio, cerca de la galería porticada, atrapan a los gatos, que maúllan y chillan enloquecidos durante un corto tiempo. Como ménades de un rito siniestro, degradado, los desentrañan y comienzan a devorarlos. Oscurece. Los lienzos blancos de sus tocas y de sus carnes refulgen con la luna. La glicinia trepa por el muro.

4/8/09

Hoxe, na feira do libro de A Coruña



18.00 A feira dos nenos. A compañía de teatro A Loca Motora, representará a súa obra O telderete da cachifallada, con Eva Vila e Zezilia Meléndrez.

19.00 Presentación e lectura teatral do libro Valentino Rufino e Akil Pillabán de viaxe a Milán e van sen un can de Roberto Salgueiro, publicado por Baía Edicións.

19.00 O escritor Tikara Otomo asinará ejemplares do seu libro Sala de espera, publicado pola editorial Iro Iro.

19.30 Xosé Neira Vilas asinará exemplares dos seus libros.

20.00 Editorial Galaxia presenta o libro A cociña de Larpeiros, de Benigno Campos.

21.00 O escritor Xosé Neira Vilas, presenta o seu libro Lóstregos, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director xeral da editorial.

En el blog de Queque


Libros para o verán


Cenicienta siempre quiso un Wonderbra
Tres amigas nos trinta anos loitan por sobrevivir ao desamor. Cunha tendencia sobrenatural a namorarse sempre da persoa menos axeitada, Paulina, Olvido e Coro teñen claro que algo no cosmos ten que terse confabulado para que as súas vidas sentimentais sexan sempre tan complicadas. Internet, un vello amor adolescente e mais a perda do medo ao compromiso son tres dos inesperados elementos que aparecen. A novela está na rúa dende o día 8 de xullo coa súa sucesión de pasaxes hilarantes onde non faltan inquedanzas, felicidades, desencontros e a necesidade de amor de toda unha xeración.
Outros libros da autora, na misma onda; Señálame un imbécil y me enamoro, Él, mi último pelo de tonta, A otra princesa con ese cuento e ¡Quiero un hombre magdalena!

3/8/09

Hoxe, na Feira do Libro de A Coruña


18.00 A feira dos nenos. Contacontos musical: Historias da fraga encantada, con Fátima e Servando Barreiro.

19.00 Presentación do libro O trasmundo de Antioquia, de Rafael Laso, publicado por Edicións Do Cumio. Xunto co autor, participará no acto o representante da editorial Cándido Meixide.
19.30 A escritora Elisa Vázquez de Gey asinará exemplares do seu libro La princesa de Kapurthala, publicado pola Editorial Planeta.
19.30 Os escritores Xulio Valcárcel ,Lúa de xemas frías. Antoloxía de poesía mapuche, Alfredo Ferreiro (Metal central) e Luís G. Soto (O espíritu da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.

Buenas noches, Santiago. Esta noche lo vamos a romper todo con música y ruido; yo pongo la música y vosotros ponéis el ruido”.


120.000 watios de son e 600.000 de luces ,rock en estado puro, un músico que xa non cumpre os 60 e que se baleira durante tres horas sobre o escenario acompañado de 40.000 espectadores .
Rayando as dez da noite os controladores dos accesos tiraron a toalla e deixaron de pedir as entradas, a avalancha se atascó ao seu albedrío nos accesos; enfrontamentos, intervención da policía e moito público fora(2.000) . A productora Doutor Music vendera 38.600 entradas, 2.600 máis do previsto inicialmente, e resultou que o público, hacinado nun recinto recentemente ampliado, terminou rubindo polos urinarios portátiles para poder respirar. Mentres, Bruce Springsteen, case puntual, saía ao escenario con Badlands. Eran as 22.08 horas, e medio minuto antes, Roy Bittan habíase encargado de templar os ánimos dos que entraron tocando ao acordeón A Rianxeira, o seu conocidísimo estribillo "ondiñas veñen e van" foi interpretado pola banda que acompaña a Springsteen.

2/8/09

Hoxe, na Feira do Libro de A Coruña


18.00 A feira dos nenos. Burromaquia. Divertido contacontos realizado por Ignacio Vilariño.
19.00 Clube de lectura coa escritora Marta Rivera de la Cruz arredor do seu libro La importancia de las cosas, publicado pola Editorial Planeta. Ao remate do acto a escritora asinará exemplares do seu libro
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/2009/07/libros-para-o-veran_16.html
19.30 As escritoras Dores Tembrás (O pouso do fume) e Diana Varela Puñal (Fíos), asinarán exemplares dos seus libros, publicados por Edicións Espiral Maior.
20.00 A escritora Lola Beccaría asinará exemplares dos seu libro El arte de perder (Premio Azorín 2009 de Novela) e do resto das súas obras.
20.00 Mesa de debate: A Galicia oculta, moderada por Francisco Narla (escritor) e coa participación de André Pena Graña (arqueólogo e escritor), José Antonio Castro Cebrián (escritor), Miguel Pedrero (escritor) e Pablo Núñez González (escritor). Ao remate do acto, os escritores participantes asinarán exemplares dos seus libros.

Manuel Rivas na RAG

Manuel Rivas converteuse en académico electo da RAG, logo de que así o decidise o Plenario da institución . O nome do xornalista foi proposto polos académicos Luz Pozo, Xosé Luís Axeitos e Víctor Freixanes para cubrir a praza vacante deixada por Camilo González Suárez-Llanos .
Manuel Rivas Barrós naceu na rúa Marola do barrio coruñés de Montealto en 1957 e é licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Xornalista , desde os quince anos, colabora con diversos medios de prensa, radio e televisión: El Ideal Gallego, tamén participou cos seus artigos en revistas como Teima e Man Común e en A Nosa Terra. Cofundador da revista cultural Luzes de Galiza, na actualidade mantén unha columna semanal no xornal El País,boa parte das súas mellores reportaxes están compilados en libros é un conto , Toxos e flores , Galicia, o bonsái atlántico , Galicia, Galicia , Muller no baño (2004) e Unha espía no reino de Galicia Ademais, posúe unha extensa creación literaria en todos os xéneros literarios; novelas O lapis do Carpinteiro e Un millón de vacas; Os seus traballos poéticos están recollidos na antoloxía O pobo da noite tamen Do descoñecido ao descoñecido, Costa da Morte Blues e Mohicania revisada. O pasado mes de abril publicou o poemario A desaparición da neve, nas catro linguas cooficiales.; libros de relatos Que me queres, amor?, Ela, maldita alma , A man do emigrante , As chamadas perdidas
As súas últimas obras son O heroe para teatro; os libros arden mal ,novela, e os Grouchos , ensaio xornalístico. (2004). http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search/label/Os%20libros%20arden%20mal
http://sarmientobiblioteca.blogspot.com/search/label/Rivas

1/8/09

VERMELLO


O sangue. Vermello. A ira. Vermello. Corpos desmembrados. O sangue que o meu corpo deita. Vermella a luz. Candís. Lume. Vermello. Estoura o ceo. Vermello




Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas