Blog da Biblioteca do IES de Curtis

13/3/24

FALANDO SOBRE AS LÁGRIMAS DE SHIVA

 


Esta historia tan bonita de Javier e Violeta é moi misteriosa. Ao longo da novela coñeces a máis personaxes que van axudando a resolver o gran misterio de Isabel Obregón, unha muller que marchara a noite antes da súa voda xunto cunha reliquia coñecida como "As lágrimas de Shiva", e nunca regresan, nin ela nin a súa reliquia.

Esta novela  tamén ten unha parte de comedia e iso é bastante divertido. Nós cremos que é unha boa novela para a xente da nosa idade.

Marta Díaz, Macarena García, Lucía Villamor e Gabriel Vigo (2º ESO)

 


 

Este libro trata dun rapaz chamado Xavier que vai pasar as vacacións de verán en Cantabria, na casa dos seus tíos, xa que o seu pai está enfermo e a súa nai ten medo de que Xavier e o seu irmán poidan contaxiarse. Unha vez instalado na casa dos seus tíos sente unha presenza e Xavier xunto coa súa prima Violeta descobren que é un antepasado da familia pedindo axuda por algo que ocorreu hai moito tempo.

Traballo de Noé Mariño e Nadia Sánchez (2º ESO)


20/11/21

Documental sobre as irmás Minerva

Achegámos á data do 25 N e deixemos o enlace a un documental sobre as irmás Mirabal, activistas políticas asasinadas brutalmente polas súas ideas por orde do xeneral Leónidas Trujillo. https://www.youtube.com/watch?v=Y_c1Tu1zgcI

14/5/21

 

 A alumna Alia González Castro realizou un vídeo con imaxes das súas compañeiras e compañeiras de clase na primeira etapa da súa vida aacompañad@s polas súas nais. A música pona A banda da Loba e a letra Xela Arias. 

Para acceder a este traballo preme  NESTE enlace.

Que medren outras edicións!

7/3/21

A COVID-19 e a igualdade de xénero

 Afecta por igual el Covid-19 a hombres y mujeres? - Gaceta Médica

   Ilustración Gaceta Médica

 

  Afecta por igual a pandemia que estamos a vivir a homes e mulleres? Desde AQUÍ podes visualizar unha presentación que reflexiona sobre este tema.

13/12/20

De Nós a nós

 As circunstancias deste curso tan especial que estamos vivindo determinan a nosa realidade cotiá. As actividades complementarias non son alleas a estes condicionantes e vémonos obrigados a adaptalas ás circunstancias actuais. Nesta liña, realizamos unha visita virtual á exposición De Nós a nós. Conectámonos (con algúns problemas técnicos) coa Cidade da Cultura, onde un guía nos foi comentando diversos aspectos de interese sobre esta revista tan importante para a cultura galega.  O centenario da súa publicación deu pé para a realización desta completísima exposición que nos achega á realidade da Galicia anterior e posterior á Guerra Civil.

As impresións sobre a visita virtual foron moi variadas.  En xeral, chamaron  a atención  as viaxes de Castelao e Risco, as colaboracións de Federico García Lorca,  as mulleres que publicaron na revista e, sobre todo, as tráxicas consecuencias da Guerra Civil e da posterior ditadura.


 

 Algúns dos comentarios foron os seguintes:

A charla “De nós a nós” falounos sobre a importancia e o legado que deixou todo o relacionado coa revista Nós e coa xeración do mesmo nome, formada por 5 persoeiros fundamentais: Vicente Risco (director da revista), Ramón Otero Pedrayo, Castelao (director artístico da revista), Alfonso Losada Diéguez e Florentino Cuevillas.

Creo que a charla foi moi interesante porque así,  coñecemos  a historia da revista Nós máis polo miúdo. Os datos que me chamaron máis a atención foron o feito de que nela só escribiran 3 mulleres e só unha delas fose galega (Francisca Herrera). Tamén  me pareceu destacable o feito de que colaboraron  autores de moita importancia como Federico García Lorca, o famoso poeta granadino.

                                                                                                                                          Nuno Couso

A min pareceume moi interesante a  maleta que se nos mostrou, na que Pondal gardaba todos os seus poemas de Os Eoas  atados cun lazo vermello. Tamén me chamou a atención as consecuencias que tivo a chegada do franquismo para o sentimento nacionalista.                               

                                                                                                                                         María Conde

As viaxes de Castelao e de Risco por Europa foron un dos aspectos que máis me interesou. Tamén me impactou moito a persecución sufrida polos mestres republicanos e , en xeral, o acontecido despois da guerra.

                                                                                                                                      Ánxela Roca

  Aínda que a revista non tiña contido político, moitos dos autores foron perseguidos ou arrestados por defender as ideas galeguistas.                                         

                                                                                                                                       Sofía  Vigo

 



 

Chamoume a atención que a revista se distribuíse tamén en América e tamén as dificultades económicas que tivo a publicación.

                                                                                                                                                   Xiana Abad

 Aprendín que Castelao viaxou pola Bretaña francesa e que este lugar lle lembraba moito a Galicia polas circunstancias semellantes da súa lingua coa galega.

                                                                                                                  Pablo  López

 Entre as cousas que máis me gustaron estivo a maleta de Pondal e as ilustracións que nos ensinou o guía.  Tamén foi interesante saber que Domingo Fontán elaborou o  primeiro mapa de Galicia.

                                                                                                                        Alba Tizón

 O golpe de estado obrigou a algúns autores  como Castelao a exiliarse mentres outros como Risco negaron o seu nacionalismo. No peor dos casos, foron asasinados polos seus ideais persoeiros como  Aleixandre Bóveda e Ánxel Casal.

                                                                                                                  Xeila  Gómez

 

25/11/20

 

Desde  AQUÍ  podes abrir unha presentación relacionada coa temática do 25 N

 

 

 



23/1/20

LENDO CIENCIA NA BIBLIOTECA


     Neste mes de xaneiro chegaron á biblioteca novos  fondos relacionados coa divulgación científica: o PLAMBE e as suxerencias dos departamentos didácticos relacionados co mundo da ciencia permitíronnos enriquecer as posibilidades de lectura que podemos ofrecer tanto a alumnado coma ó profesorado. 



O alumnado, por conta propia ou acompañado por membros do profesorado, pode estes días baixar e mergullarse nestes novos títulos que veñen facer da nosa biblioteca un espazo cada vez máis plural e multidisciplinar.




Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas