Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Dereitos Humanos
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Dereitos Humanos. Mostrar todas las entradas

10/12/11

10 de decembro - Día dos Dereitos Humanos


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.
Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.
Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.
E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"
* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.
Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!
Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.
Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)

2/2/11

Exipto - Vellas tecnoloxías burlan o bloqueo a Internet

Miles de persoas chegan á praza Tahrir para
participar nunha manifestación multitudinaria
(Axencia EFE)

O último dos operadores que daban acceso a internet en Exipto caeu onte. As redes móbiles tamén están a ser obstaculizadas. Pero hai buratos. Coa axuda de hackers e empresas como Google e Twitter, os exipcios están a usar vellas tecnoloxías como o fax e as  emisoras  de   radioafeccionados para facer chegar a súa mensaxe á rede.
Tras o apagamento ordenado polo Goberno o pasado venres, a reacción dos activistas, tanto dentro coma fóra, foi botarlle imaxinación.
Á onda iniciada por hackers e activistas sumáronse tamén grandes empresas de internet, como Google e Twitter. " ao igual que moitas persoas, estivemos pegados ás noticias que veñen de Exipto e pensando no que poderiamos facer para axudar á xente sobre o terreo" escribiron onte dous dos enxeñeiros de Google no blog oficial da compañía. Dedicaron o fin de semana a crear Speak2tweet, un sistema para que calquera exipcio poida deixar unha mensaxe de voz. O programa converte automaticamente a voz nun texto que aparece en Twitter. E de aí, a todo o mundo.

10/12/10

UN DÍA COMO OTRO CUALQUIERA PARA HABLAR SOBRE LOS DERECHOS HUMANOS

Un año más traemos a la biblioteca y sus alrededores materiales relacionados con el respeto y la defensa de los derechos humanos: carteles, literatura, humor gráfico, cine, cómic... salen de las carpetas y de las estanterías para situarse ante nuestros ojos y susurrarnos que también es asunto nuestro luchar por un mundo mejor para todos...

Para la libertad sangro, lucho, pervivo.

Para la libertad, mis ojos y mis manos,

como un árbol carnal, generoso y cautivo,

doy a los cirujanos.



Para la libertad siento más corazones

que arenas en mi pecho: dan espumas mis venas,

y entro en los hospitales, y entro en los algodones

como en las azucenas.



Para la libertad me desprendo a balazos

de los que han revolcado su estatua por el lodo.

Y me desprendo a golpes de mis pies, de mis brazos,

de mi casa, de todo.
               
                       (...)

MIGUEL HERNÁNDEZ, El hombre acecha, (1938-39)

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS 2010

3/7/10

Corazón Azul


A campaña Corazón Azul contra a trata é unha iniciativa de sensibilización promovida polas Nacións Unidas e o Ministerio de Igualdade contra a trata de seres humanos.



12/12/09

Alison Des Forges

Doctora en Historia pola Universidade de Yale, nacida fai 66 anos en Nova York .
Alison Des Forges adicouse a documentar os crimes perpretados no territorio ruandés. O resultado foi o libro “Leave None to Tell the Story” (“ Non deixes a ninguén contar a historia ”). Alí narra como foi planeado o xenocidio, incluindo os recibos de compra de medio millón de machetes feita polo goberno xenocida para acabar cos tutsis e hutus moderados. Eses anacos de papel tiñan que facer palidecer a todas as resolucións e condenas realizadas. Mesmo conta o que alí descubreu ,historia a historia, desde o caso da muller que tivo que enterrar ao seu home antes de ser violada polos asesinos do mesmo, ata un bebé que foi tirado con vida a un retrete.
A súa testemuña sirveu para levar a algúns dos culpables ante os tribunais. Participou como testemuña en once procesos por xenocidio no Tribunal Penal Internacional para Ruanda, e en xuizos que tiveron lugar en Bélxica, Suiza, Holanda e Canadá.
Comprometida ca zona dos Grandes Lagos, traballaba para a ONG Human Rights Watch desde fai dúas décadas. O seu derradeiro libro describe a violencia no Congo. Outra historia que non quixo que nadie deixara de contar.
Morreu en febreiro deste mesmo ano, á idade de 66, nun accidente de avión en Buffalo

11/12/09


Nobel Peace Prize

"...So yes, the instrument of war do have a role to play in preserving the peace (...). There will be times when nations - acting individually or in concert - will find the use of force not only necessary but morally justified ."

Barak Hussein Obama, Nobel Peace Prize speech, Oslo, December 10, 2009

10/12/09


“É o noso deber asegurar que estos dereitos
sexan unha realidade – que sexan coñecidos,entendidos e disfrutados por todos ,en todas partes. A miúdo aqueles que máis necesitan que os seus dereitos humanos sexan protexidos , son tamén os que necesitan ser informados de que a Declaración existe- e que existe para eles”
Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU


10-D: Día Internacional dos Dereitos Humanos

9/12/09

Shadi Sadr


Muller,iraní,avogada ,xornalista e activista polos dereitos da muller . É unha experta na defensa legal das mulleres en Irán,logrando evitar varias condenas a morte. Ten participado na campaña End Stoning Forever.

Shirin Ebadi


Muller, iraní, avogada e activista polos dereitos humanos e pola democracia.
No ano 2003 recibiu o Premio Nobel da Paz. Foi a primeira muller musulmana en recibir este recoñecemento internacional.

O 10 de Decembro de ese mesmo ano pronunciou as seguintes palabras en Oslo, no solemne acto de recepción do Nobel:

"If the 21st century wishes to free itself from the cycle of violence, acts of terror and war, and avoid repetition of the experience of the 20th century - that most disaster-ridden century of humankind, there is no other way except by understanding and putting into practice every human right for all mankind, irrespective of race, gender, faith, nationality or social status."

Santi Kumari


A nena Santi Kumari, de 9 anos, fabrica ladrillos en Calcuta, máis de 50.000 nenos vense sometidos á explotación infantil.

"STRANGE FRUIT"


"Strange fruit": A amarga froita de Billie Holiday

Doce versos que denunciaban os linchamentos de persoas negras convertéronse nunha das cancións máis famosas do jazz. A interpretación de "Strange fruit" por parte de Billie Holiday marcou un punto e aparte na cultura popular.
As versións son contradictorias, pero todas coinciden na escena do crime e apuntan a tres protagonistas. Un día, a principios de 1939, Abel Meeropol, alias Lewis Allan, entrou no Café Society de Nueva York cun poema baixo o brazo. Alí atopábanse o dono, Barney Josephson, e a estrela do local, unha cantante de 24 anos chamada Billie Holiday.
O poema, "Strange fruit", baseado no linchamiento de negros, converteuse nunha das primeiras cancións protesta negras e marcou un antes e un despois na cultura popular norteamericana.









Southern trees bear strange fruit,
Blood on the leaves and blood at the root,
Black bodies swinging in the southern breeze,
Strange fruit hanging from the poplar trees.
Pastoral scene of the gallant south,
Of the bulging eyes and the twisted mouth,
Scent of magnolias, sweet and fresh,
Then the sudden smell of burning flesh.
Here is fruit for the crows to pluck,
For the rain to gather, for the wind to suck,
For the sun to rot, for the trees to drop,
Here is a strange and bitter crop

8/12/09


James Baldwin foi un coñecido activista do movemento polos dereitos civís.Naceu en Nova York en 1924, morrendo en Francia aos 63 anos. Autor de novela, ensaio, poesía e teatro, nas súas obras defendía os dereitos da poboación negra.

I am what time,
circunstance,
history,
have made of me,
certainly, but I am also
much more than that.
So are we all

Tolerancia


Segundo Assela Alamillo, en Mitoloxía na Vida Cotiá, Leito de Procrustes é unha expresión pouco usual que simboliza a vulgarización, a redución da alma a unha medida convencional. É reflexo tamén da tiranía ética e intelectual exercida por quen non tolera as accións e xuízos dos demais senón a condición de que sexan conformes aos seus propios criterios. Procrustes era un bandido que actuaba no istmo de Corinto e que mataba ás súas vítimas mutilándoas nun leito onde as facía tender: ás que sobresaían del, cortáballes as extremidades; ás que non alcanzaban a súa medida, estirábaas. Foi morto por Teseo.
A expresión proverbial "leito de Procrusto" ou "leito de Procrustes" adoita aplicarse a aquel principio ou regra que se pretende aplicar indistintamente a todos os casos, sexa cal for a súa natureza. Comunmente adóitase aplicar tamén a calquera mutilación ou diminución sufrida por unha obra de arte sexa cal for o seu motivo (por exemplo, unha mala tradución ou censura) e, hoxe en día, a todo esquema ríxido que non se quere romper e que obriga a sutilezas ou a laboriosas adaptaciónsa redución da pluralidade, o pensamento único, o politicamente correcto, a homogeneización de puntos de vista...

"Luchadoras", viñetas que berran contra os crimes de Ciudad Juárez


Para denunciar a impunidade de centenares de crimes que aínda están sin resolver en Ciudad Juárez, a artista francesa Peggy Adam usa o cómic para dar voz a centenares de mulleres torturadas, violadas, secuestradas ou asasinadas na urbe mexicana dende 1993.

A inseguridade, o medo, o desespero das familias e as constantes ameazas que sofren as nais das vítimas que reclaman xustiza son só unha parte do drama que retrata Peggy Adam nesta novela gráfica que é froito "da conmoción” que sufriu a autora ao coñecer algúns testemuños.

Coa esperanza de concienciar máis a xente, Peggy Adam berra nestas viñetas contra o horror que sofre esta cidade dun millón e medio de habitantes que este ano xa se cobrou a vida de máis de 2.000 persoas e que «afecta esencialmente as mulleres».

«Para loitar contra o machismo e a misoxinia fai falta que as mentalidades cambien»,
conclúe.

Un balón, un regalo.


Entre India y Pakistán hay una tierra maldita y muerta llamada "el valle de los balones", donde mujeres y hombres indigentes, pero sobre todo niños esclavos, cosen las costuras de las pelotas de fútbol a razón de nueve pesetas la pieza. Cien mil personas elaboran balones, puntada a puntada, que representa el 80 por ciento de la producción. Quizá no haga falta precisar, porque se da por supuesto, como también se da que no se hace caso de las normas, que la sociedad de las naciones difunde códigos deontológico que prohíben el trabajo de los menores de edad, pero es imposible controlar la edad de los habitantes de las chozas, suponiendo que alguien quisiera hacerlo, porque la producción de balones cosidos a mano lleva a las casas de Islamabad 75 millones de dólares al año. Los salarios de los cosedores de balones se conocen bien: los niños con menos de ocho años cobran 20 pesetas por jornada (de 12 a 16 horas); los que tienen entre8 y 10 años, 40 pesetas; de 12 a 14 años, algo más de 50 pesetas, y así sucesivamente

7/12/09

Actividad

Imagínate que eres un famoso político o un prestigioso profesor que debiera dirigirse a un auditorio con un discurso sobre LA IGUALDAD ENTRE LOS HOMBRES. Debes tomar antes las notas que prefieras para ayudarte en tu discurso. En los post siguientes aparecen citas fundamentales a favor y en contra de la discriminación racial. Todas ellas pertenecen a famosos escritores, filósofos, etc. En tu discurso deja un espacio para utilizarlas ya sea como apoyo de tus ideas, ya rebatiéndolas.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas