Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Alcumes
Mostrando entradas con la etiqueta Alcumes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Alcumes. Mostrar todas las entradas

28/9/09

El cuento de un garbanzo de Pepé Ferreiro


Había una vez un hombre que desde niño le adornaba un grano su nariz. El grano era tan grande, al parecer como un garbanzo. Aquel defecto, o natural verruga, le sirvió para que le asignaran el mote de “Garbanzo”.
Él, con mucha dignidad llevaba su alias o remoquete. Un día en el senado de aquel país, quiso un senador desprestigiarlo; pero no por el grano sino porque era de origen aldeano. Los senadores en aquel tiempo, despreciaban todo lo que venía del medio rural .El caso es que aquel togado –creo que romano. Díjole: ¿Pero Garbanzo, quién es tu padre? –Recordándole su indigna procedencia rustica-
Y contestole el Garbanzo: “Permítame Usted, senador, que por delicadeza no le haga la misma pregunta. Como sabe Usted, su madre ha hecho de esa interrogante algo extremadamente delicado.
El cuento procede del blog de José María Naveiras Escanlar, Director del Museo Etnográfico de Grandas de Salime, Asturias, (España).

5/7/09

Alcumes


Hoxe ,5 de xullo de 2009, 500 apelidados Peteiro e familiares , xuntaranse coas súas raíces no entorno da casa da que partiu o apelido Peteiro en 1650.
Na xuntanza presentarase o libro Unha familia tradicional: Os peteiro de Mandeo
Oito casas relacionánse hoxe co apelido Peteiro; A casa de Mandeo, A casa de Vilares , A casa de Armada , A casa de Recareo , A casa de Abelar , A casa de Baamonde , A casa de Padreiro , A casa de San Cristovo

7/12/08

Rilo; De gaiteiros e alcumes


Pois a Baiuca ten muiñeira, así é. Pero outras parroquias ou lugares do noso concello ficaron inmortalizados no apelido dunhas cantas composicións musicais. Lañas e Nostián teñen cadansúa Foliada, e Chamín unha Jota. Miguel de Santiago compuxo "A Feira de Paiosaco", e Xosé Casal a Muiñeira de Meicende. Cada unha destas pezas e autores terá tras de sí a súa correspondente historia, pero hoxe tócalle o turno á Pepito Temprano, que foi quen de facela Muiñeira de Freán.A vinculación deste gaiteiro con Arteixo ven polo lado de Uxes, pois foi mestre de gaita en Queiroa durante uns cantos anos. Tamén penso a partir deste vínculo surxe a Muiñeira de Freán. A Pepe Temprano córrelle polas veas a cuestión gaiteiril. O seu pai, o seu tío, e o seu avó xa foran gaiteiros de certo prestixio por estes arredores. Tocou co cuarteto familiar ("os Tempranos de Eirís"), en Eidos e no Ballet Rey de Viana. E aínda ten corda. Échevos un tipo de gaiteiro de polaina enteira, que se diría noutros tempos. Non hai máis que ollar para o retrato, para ver certa picaresca no seu ollar. Pepito Temprano exerce hoxendía de fotógrafo, coleccionista de toda caste de instrumentos, pescador e actor. No tan meneado anuncio de Gadis asoman os seus bigotes. El é gaiteiro, e non só por tocar con certa destreza a gaita, senón tamén polo xeito de vivir. Así o di el mesmo: "Fumei moito, bebín moitas tazas, comín moito, toquei a gaita todo o que a podía tocar, e andei moito de carallada. Espero que todos os que traballan sexan tan felices como fun eu na miña vida".O compositor da Muiñeira de Freán foi reclamado haberá uns trinta anos para protagonizar un spot publicitario de Estrella Galicia. A súa única encomenda consistía en sair en escena co seu traxe de gala, a gaita ó lombo e dándolle un grolo a un quinto. Antes da grabación, Pepito falou co resto dos actores:-Oíchedes, tómadeo con calma, que se non sae ben á primeira nin á segunda, facémolo máis veces.Meu dito meu feito. Fixéronse trinta e tres repetións, porque sempre aparecía algunha tos, ou unha palabra cambiada, ou un fallo de iluminación. E algún dos que estaba presente neste anuncio mo dixo a min:-Parece mentira, Rilo, pero o único que non fallou foi o gaiteiro. E iso que en cada repetición se largou o seu correspondente quinto de cervexa. A historia do audiovisual galego engadiu un novo vocablo a partir deste feito. Cando unha grabación sae mal e hai que repetila, en honor a Pepito temprano, o director soe dicir:"Bueno rapaces, imos facer outra TOMA".
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas