Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Castigos eternos no Tártaro
Mostrando entradas con la etiqueta Castigos eternos no Tártaro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Castigos eternos no Tártaro. Mostrar todas las entradas

16/11/14

Sísifo

Outro castigo eterno famoso foi o de Sísifo, o máis astuto dos mortais. Sísifo foi fundador e rei de Éfira (nome antigo da cidade de Corinto) e  pai de Odiseo con Anticlea, antes de que ela casara con Laertes.
 
 Condenado por denunciar a Zeus polo rapto de Exina, foi obrigado no Tártaro a empurrar una rocha enorme ata o cumio dunha pendente, desde onde caía  de novo impelida polo seu propio peso, véndose obrigado a empurrala unha e outra vez.




                                                                         Paula Sánchez Hernández, 1º Bacharelato-B
 
   

Danaides


Belo e Anquínoe tiveron dous fillos, Dánao e Egipto. Egipto enfrontouse con Dánao e este exiliouse a Argos coas súas cincuenta fillas, as Danaides. Máis tarde Egipto, por medo a represalias, decidiu facer as paces co seu irmán e, para iso, fixo que os seus cincuenta fillos casasen coas súas sobriñas, as Danaides, pero Dánao encargou as súas fillas que levaran unha daga a noite de vodas para asasinar aos seus respectivos homes. 
Por esta acción, as Danaides, agás a maior que non matou ao seu home, foron condenadas no Tártaro a encher eternamente un barril sen fondo.

                                                           
                         Marta Lodeiro Merelas  1º bacharelato B

Ixión

Ixión prometeulle a Deyoneo un valioso agasallo, se este lle permitía casar coa súa filla Día, pero ste enon cumpriu a súa promesa. Entón, Deyoneo quedou coas eguas  de Ixión.
Ixión pareceu non molestarse e invitou ao seu sogro a un banquete. Cando Deyoneo chegou, Ixión tirouno a un pozo cheo de carbón ardendo. Todos se arrepiaron, xa que violara a sagrada lei da hospitalidade.

Zeus foi o único que se apiadou del e invitouno a un banquete cos deuses. Durante o banquete, Ixión intentou seducir a Hera. Zeus formou unha nube coa apariencia da deusa, coa que se  uniu Ixión. Informado Zeus, conformouse con desterralo, porque pensou que beber néctar  o fixera tolear. Pero cando viu que Ixión presumía de seducir a Hera, decidiu matalo cun raio e castigalo a xirar eternamente atado a unha roda no Tártaro. 


                                                                                         Déborah dos Santos, 1º bacharelato-B

Tántalo

Segundo a mitoloxía, aqueles mortais que por exceso de orgullo (hybris) ofendían aos deuses, eran enviados ao Tártaro  (lugar do inframundo destinado aos criminais), onde sufrían un castigo eterno.
Así pasoulle a Tántalo, fillo de Zeus, que era invitado habitualmente aos banquetes dos deuses e reveláballes aos mortais os segredos que alí escoitaba. 
Nunha ocasión, rouboulles néctar e ambrosía, polo que os deuses se enfadaron. Tántalo para disculparse organizou un banquete, e cando viu que non había suficiente comida, decidiu matar ao seu fillo Pélope, cociñouno e ofreceullo aos deuses. Estes advertidos non tocaron a comida, agás Deméter aínda apenada pola perda da súa filla Perséfone.
Tántalo ao morrer sufriu un suplicio eterno consistente en estar mergullado nunha lagoa coa auga ata o colo e con árbores cheas de froitos sobre a cabeza, pero sen poder beber nin comer.

                                                                Rocío Espiñeira, 1º bacharelato-B
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas