Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Fotografía
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fotografía. Mostrar todas las entradas

12/11/12

"O mellor cheiro, o do pan; o mellor sabor, o do sal; o mellor amor, o dos nenos"

 Graham Greene - (1904-1991)


Vía Una pizca de Cine, Música, Historia y Arte

26/3/12

Os adeuses

EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA
no IES de Curtis

Os Adeuses 

do fotógrafo Alberto Martí,
realizada polo Consello da Cultura Galega e o CGAI.

Aberta ao público: luns, martes e mércores de 16.00 a 20:00.

Percorrido guiado: luns e mércores, ás 17:00, a cargo do profesor de Historia Ángel Corral Coira.


En Galicia temos fartura de despedidas, pois é “terra de adeuses”, como en feliz ocasión a cualificara o patrucio de Trasalba, Ramón Otero Pedrayo. Foi unha das pérolas que ecoaron naquel discurso de inauguración do curso académico 1954-1955 pronunciado no paraninfo da Universidade de Santiago, dedicado a evocar as “vivencias” da emigración galega. Cando Otero estaba a pronunciar aquel discurso, os adeuses galegos estaban nun novo apoxeo, coa apertura das migracións cara a América, nomeadamente a países novos como Venezuela e Brasil, que alongaban o leque de destinos americanos, antes centrados nos países de Arxentina e de Cuba. Era a derradeira eclosión da navegación marítima de pasaxeiros, que o propio Otero ben sentira —e contara despois nun guapo libro— con ocasión da súa viaxe a Arxentina en 1947, a bordo do nomeado paquebote Cabo de Hornos.
Daqueles adeuses ficou memoria nalgún documento gráfico que virou célebre, despois da súa publicación en libros como Galicia hoy (1966), a cargo de Luís Seoane e Isaac Díaz-Pardo. Refírome ás famosas fotos de Manuel Ferrol sobre a emigración tomadas no porto da cidade da Coruña. Son documentos singulares, mais escasos. Outros fotógrafos traballaron arreo naqueles mesmos lugares, tomaron milleiros de fotos daquelas chegadas e adeuses, pero non eran coñecidas do público por non se teren difundido acaidamente. Porén non hai ben que se garde eternamente oculto. E o que resulta ser un testemuño de primeira orde sobre o trafego humano da Estación Marítima d’A Coruña pode ser agora coñecido e analizado grazas a esta exposición sobre Os adeuses.
O gardador do tesouro foi o fotógrafo Alberto Martí, quen de forma sistemática e paciente foi enchendo a súa cámara fotográfica de figuras e de sentimentos, de esperanzas e de tristuras. Os seus protagonistas son xente anónima, pero fundamental para entender a historia colectiva da Galicia do século vinte.





18/2/10

II Concurso de fotografía "Momentos de lectura"

A Fundación Alonso Quijano outorgou os premios do II Concurso "Momentos de lectura".
O primeiro premio recaeu en Antonio Más Morales e a súa fotografía "Tempo de crecer".
O segundo premio consiste na publicación das doce mellores fotografías no "Calendario da Lectura 2010" da Fundación Alonso Quijano.





Música: Dueto de las flores (Lakmé) de Léo Delibes



Aquí podes ver o Calendario da Lectura 2009.

29/6/09

Cristina García Rodero, membro de Magnum Photos



Cristina García Rodero é a primeiro fotógrafo española aceptada como membro da prestixiosa Magnum, a axencia de fotografía máis importante do mundo.

Ademais é a cuarta muller membro de Magnum, xunto a Martine Franck, Lise Sarfati e Susan Meiselas. Tras catro longos anos de trámites para a aceptación do seu membresía, García Rodero agora forma parte do selecto grupo dos mellores fotógrafos do mundo.

Quizais o traballo máis importante desta fotógrafa española sexa a serie España Oculta de 1989, que foi recoñecido como un traballo de documentación fotográfica creativa, persoal, que transcende o mero periodismo, e que foi o responsable da súa fama internacional. Esta serie aborda un estudo gráfico sobre festas populares, ritos, costumes e crenzas españolas.
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas