Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Festival de teatro Greco-Latino
Mostrando entradas con la etiqueta Festival de teatro Greco-Latino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Festival de teatro Greco-Latino. Mostrar todas las entradas

28/3/14

UN DÍA DE TEATRO





        El pasado miércoles, 26 de marzo, los alumnos de Latín, Cultura Clásica y Griego del IES de Curtis fuimos a Lugo al Festival de Teatro grecolatino. Allí pudimos ver una tragedia (Las troyanas, de Eurípides) y una comedia (Las asambleístas, de Aristófanes).

        Las troyanas trata un tema intemporal: las consecuencias de la guerra. En este caso,  se reflejan en los personajes troyanos femeninos (Hécuba, sus hijas -Casandra y Políxena-, su nuera Andrómaca y el coro formado únicamente por mujeres) que sufren la pérdida absoluta de libertad y dignidad,  a causa de la caída de Troya a manos de las tropas griegas.  Nuestra valoración acerca de la puesta en escena de esta obra es positiva: el personaje central de Hécuba fue representado de manera impactante, por su credibilidad y realismo. Merece también mención el coro: el hecho de que sus integrantes se lamenten y lloren continuamente ayuda a reforzar el tono trágico de la obra.

        Las asambleístas presenta una 
situación que consiste en que las mujeres atenienses, hartas del mal funcionamiento de la Asamblea democrática, deciden disfrazarse de hombres y tomar las riendas del poder, de una manera un tanto peculiar. Nuevamente, el personaje colectivo femenino que es capitaneado por Praxágora, resulta uno de los aspectos mejor tratados en la  representación: consiguen hacer reír al espectador. La presencia de acciones escatológicas hace más divertida esta comedia, que no sólo pretende hacer reír: la crítica al mal funcionamiento democrático es muy evidente.

         Finalmente, queremos destacar la sencillez de los decorados en ambas obras: creemos que es un mérito conseguir llevarnos a la Grecia clásica con tan pocos detalles.

22/3/13

CATARSE...E SORRISOS NO FESTIVAL DE TEATRO GRECOLATINO DE LUGO

       Con todo o axetreo destas dúas últimas semanas, resultounos pouco menos que imposible contarvos que estivemos, os alumnos de Latín e Grego do noso IES, no Festival de Teatro Grecolatino, onde poidemos ver a traxedia Ifigenia, de Eurípides,  e a comedia Cásina, de Plauto. 



 
    Ifigenia conta a dramática situación que vive Agamenón, ó verse na obriga de sacrificar a súa filla para que os deuses permitan que as naves gregas avancen cara a Troia, co fin de rescatar a Helena, raptada polo príncipe troiano Paris.  
   Gustounos moito o traballo feito polo CORO e polo CORIFEO, con grande forza dramática e cunha actuación realmente traballada. 

      




      
Despois da catarse da traxedia, pola tarde tocou rir ben a gusto con Cásina. Dentro do formato da Commedia Palliata, poidemos ver en escea os seguintes feitos: o senex Lisidamo está namorado de Cásina, escrava que trae tamén de cabeza ó adulescens, o seu fillo. Este, coa complicidade de súa nai, deseña un  plan para que o vello leve un bo escarmento: disfrazan a un criado, que se fai pasar pola moza cando el se dispón a deitarse con ela. 



Acción trepidante, enganos, dobres sentidos, e referencias á actualidade  fixéronnos pasar unha tarde ben entretida. 

25/3/11

MILES GLORIOSUS, Plauto



Miles Gloriosus non parecía ser o protagonista, a pesar de selo debido ó papel que realizou Palestrión.
Daba a impresión de que a obra xiraba ó entorno ó escravo. Tivo poucas intervencións,cremos que puido actuar máis e dun xeito menos finxido.

                                             David e Miguel

Palestrión  é un personaxe da comedia Miles Gloriosus. Nesta obra cómica,  Palestrión, desempeña o papel do escravo de Pirgopolinices. Caracterízase pola súa astucia e a naturalidade coa que actúa fronte a un amplo público, pero sobre todo polo seu manexo das  palabras e dos xestos.
                                                                                                                    Patricia e Celeste

A FUNCIÓN DO CORO, MEDEA


Das obras que vimos, a que máis nos gustou foi a de Medea. En concreto, o que máis nos chamou a atención, foi o coro ainda que na representación estaba situado no escenario, e non nun espacio propio (oschestra), como na época clásica.
O coro fai que a obra se entenda mellor, pois os actores que o interpretan dan información ó público sobre os feitos que se levan a escena. 
A actriz que representaba a voz do corifeo pareceunos moi boa: directa, creíble e moi metida na atmósfera tráxica da obra.


                                                                                                                    Noelia & Paula

CUESTIÓN DE INSTINTO


Gustaríanos falar das aptitudes dramáticas dos actores para a traxedia e para a comedia. Despois de ver Medea e Miles Gloriosus, observamos que había un mesmo actor que actuaba de Jasón (personaxe tráxico) nunha obra e de Periplectómeno (personaxe cómico) na outra. Démonos conta de que tiña mellores aptitudes para a comedia: xesticulaba moi ben e facía rir con facilidade; sin embargo no papel de Jasón viase moi finxido. Valoramos, de todos modos, o esforzo do artista para pasar dun rexistro a outro.

                                                 Cristian e María

Opinións dos espectadores:

“Dentro das dúas obras de teatro que fomos ver, destacamos a traxedia de Medea. Nela salientamos a representación da actriz que realizaba o papel de Medea, a protagonista. Impresionounos a naturalidade da sua actuación,  visible nos seus xestos e na fluidez do seu discurso , e a empatía co persoaxe que estaba a representar”.

        Ana Gestal e Lucas Miraz

 " A traxedia Medea grazas a interpretación dos seus personaxes, en especial da protagonista e do coro, é cautivadora, está chea de emoción e sentimentalidade e non deixa indiferente. Sen embargo, con Miles Gloriosus créase un ambiente moi alegre e riseiro, centrado na figura de Palestrión, o escravo argalleiro".
                                                                                                       Isabel Cabado
" A traxedia Medea representouse cun forte sentimento, grazas ao ambiente creado polas voces do coro e pola xenialidade dos  seus actores. O Miles Gloriosus foi unha comedia moi amena e divertida, debido principalmente a simpatía dos actores".  
                                                                                       
                                                                                                       Ánxela Varela


" Da traxedia de Eurípides, na cal a violencia e a vinganza son a parte primordial da historia, gustaríame destacar a atemporalidade dos feitos e a emoción que aporta o coro, o que me permitiu conectarme coa historia con maior facilidade. Miles Gloriosus resultoume moi divertida, e destacaría a adaptación da obra aos nosos tempos, introducindo léxico  e accións da actualidade".
                                                                                                                                                                                                   Cristina Miraz


" A traxedia de Medea é unha obra na que se mesturan sentimentos complexos e intensos, que dan lugar a un desenlace tráxico e inhumano, aínda que xustificable. Foi unha obra intensa e emotiva, debido á magnífica actuación do coro e da protagonista. Pola contra, a comedia de Plauto é unha obra pensada para rirse: as situacións de equívoco, as pelexas e enganos buscan a risa e entreter ao espectador, consegido grazas ao escravo Palestrión e demais personaxes arquetipos graciosos das obras de Plauto".    
                                                                                                                                                                                                   Lucas Varela


" Con respecto as obras quédome coa traxedia, xa que o tema que trata, o egoismo, é un tema que está presente na nosa sociedade. Nesta peza teatral vese como os personaxes o único que queren é conseguir os seus obxectivos, sen importarlles o dano que causen".
                                                                                                               Sara Abad

"A traxedia de Medea trata un tema moi actual, como é a separación e as consecuencias que esta pode acarrear. Neste caso, é a muller quen doida pola separación mata aos seus fillos,  este  tipo de  feitos podémolos observar desgraciadamente no presente, no que vivimos. O engano é un tema que trata a comedia de Miles,a base de enganos e mentiras os actores fixéronos pasar un bo anaco".
                                                                                                     Carla Gayoso


"Miles Gloriosus fíxome rir moito. O personaxe que máis me chamou a atención foi Palestrión, porque a maneira na que falaba e o seu comportamento era gracioso. Para o ano gustaríame volver".
                                                                                                        Uxía Iglesias


Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas