Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Audiovisual galego
Mostrando entradas con la etiqueta Audiovisual galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Audiovisual galego. Mostrar todas las entradas

20/4/16

25 de abril, I Xornada de Adiovisual Galego do IES de Curtis



O 25 de abril agárdanos unha xornada ateigada de obradoiros, coloquios e relatorios con algúns dos mellores especialistas do noso audiovisual. Mira que programa,  de cine! 

  • Fernando Cortizo, O Apóstolo: a maxia do stop-motion (Proxección, relatorio e obradoiro)
  • Marta Piñeiro, Audiovisual e igualdade: aprendendo a cambiar o conto (Proxección, coloquio e obradoiro)
  • Marisa Otero, Quero facer unha curta (Proxección de Nebra e relatorio)


E ademais:

Quico CadavalA escena

Proxección de curtas e videoclips


Agradecemos a colaboración da Asociación Cultural Senunpeso e de CREA (Asociación de directores e realizadores de Galicia), así como o asesoramento amigo de Illa Bufarda e Nani Matos. 

O cartel debémosllo a outra colaboradora habitual: Ana Seoane de pintalamona.com

21/3/13

XX Semana Cultural - Xoves

Andrés Díaz



Charla: Andrés Díaz: mellor atleta galego de todos os tempos
Relator: Andrés Díaz (Récord de Europa e 5ª mellor marca de sempre na proba raíña do atletismo: os 1.500 m.l.)






Charla: Programación centrais
Relator: Juan Piñeiro Filgueiras (Profesor de Automoción)

Obradoiro: Linguaxe publicitaria
Imparte: Equipo biblioteca

Charla: Preparación e reparación de coches para competición
Relator: Rubén Pedreira (Preparador de coches de competición e profesor de Automoción na Guarda- Pontevedra)
Chema Gagino




Charla: Audiovisual en Galicia: presente e futuro
Relatores: Chema Gagino (Director, guionista e profesor de Voz Audiovisual) Roi da Costa e Boris Morandeira (Actores)




Roi da Costa
Boris Morandeira















Alberto Casal


Obradoiro: Bonecos
Imparte: Alberto Casal (Presidente de Brinquedia- Rede Galega do Xogo Tradicional)












Obradoiro: Graffiti

Imparte: RAS







Charla: O Proxecto Nomes e Voces: a investigación nos Concellos de Curtis, Sobrado, Aranga, Mesía, Boimorto, Vilasantar e Cesuras
Relatores: Gustavo Hervella e Xurxo Pantaleón (Profesores da USC)

9/3/12

CanleTV, novo portal para a exhibición e difusión do audiovisual galego en Internet



A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) inaugurou o pasado mércores CanleTV, un novo servizo de video online destinado á promoción e difusión da creación audiovisual galega cun obxectivo cultural e divulgativo. A través deste portal, asociado á web da Agadic --www.canletv.agadic.info--, os internautas poden acceder de forma gratuíta a un amplo catálogo de films que poden visionar en streaming.

CanleTV é xa unha filmoteca de máis de 120 títulos, cifra á que se irán sumando novas incorporacións e na que xa teñen cabida longametraxes, curtas, videoclips e tráileres, entre outros formatos.
As obras deste catálogo aparecen clasificadas en torno a seis categorías principais, ficción, animación, documental, experimental, videoclips e adiantos, cada unha delas cos seus correspondentes subapartados e etiquetas, referentes aos xéneros e temáticas nas que se inscriben, de acordo coa información facilitada polos propios autores ou propietarios.

 GaliciaHoxe.com 8-3-2012
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas