Páxinas
"Non hai ningunha lectura perigosa. O mal non entra nunca pola intelixencia cando o corazón está san"
Jacinto Benavente
Jacinto Benavente
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións de lectura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendacións de lectura. Mostrar todas las entradas
18/12/15
23/4/15
17/12/14
17/6/14
26/6/13
21/12/12
RECOMENDACIÓNS DE LECTURA
Se queredes adicar parte do voso tempo libre á lectura, recomendámosvos algúns dos libros que nos ocuparon neste trimestre en 4º C de ESO:

TADEO VAAMONDE LESTA, 4º C

- Resistencia, de Rosa Aneiros. Cóntanos unha historia de amor entre Dinis e Felipa que medrou coas ditaduras de Salazar e Marcelo Caetano. Tan triste como fermosa.
ROCIO SÁNCHEZ ALBITE, 4º C
- Scratch, de Fernando Lalana. Se che gustan as carreiras de coches e a emoción, este é o teu libro. Atoparás tamén moita acción e personaxes metidos no narcotráfico.

- A biblioteca da iguana, de Xosé Miranda. Unha boa colección de contos de misterio. O que máis me gustou foi Crisálida, que conta a historia dunha mestra que marcha a unha aldea de Lugo onde os habitantes están a vivir un misterioso cambio.
JONATHAN GESTAL, 4º C
- Arrugas, de Paco Roca. É a historia ben triste dun ancián enfermo de Alzheimer que marcha vivir a unha residencia. Ten forma de historieta gráfica.
SANDRA COEDO, 4º C 21/6/12
Maryam e Rubén recomendan Lúa do Senegal
FICHA DE LECTURA
TÍTULO: Lúa do Senegal.
AUTOR: Agustín Fernández Paz.
ILUSTRADOR: Marina Seoane.
EDITORIAL: Xerais.
LUGAR E ANO DE PUBLICACIÓN: Vigo, maio de 2009.
RESUMO BREVE DA HISTORIA:
Khoedi é unha nena de dez anos que ten que deixar á súa casa do Senegal para instalarse en Vigo, a cidade onde seu pai xa leva varios anos emigrado.
É un libro moi real, gustoume moito, porque trata dunha nena de cor. Como eu son estranxeira sentinme coma ela cando cheguei a España, non coñecía a ningúen e todo me resultou difícil e agora estou mellor.
OPINIÓN DE RUBÉN SOBRE O LIBRO:
DATA DE LECTURA: De xaneiro a xuño de 2012.

A vida de Khoedi foi moi dura, na nova terra non coñece a ninguén e todo lle resulta difícil e diferente. Está en Europa, máis a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. Bota de menos a súa terra, entón para solucionalo, cóntalle historias á Lúa,a mesma Lúa do Senegal.
OPINIÓN DE MARYAM SOBRE O LIBRO:
É un libro moi real, gustoume moito, porque trata dunha nena de cor. Como eu son estranxeira sentinme coma ela cando cheguei a España, non coñecía a ningúen e todo me resultou difícil e agora estou mellor.
Gústanme tamén as ilustracións deste libro, as imaxes son en cores apagadas, polo que transmiten tristeza e soidade, dous sentimentos que encaixan perfectamente coa historia.
Maryam Zerguit. 2º ESO-B.
DATA DE LECTURA: De xaneiro a xuño de 2012.
OPINIÓN DE RUBÉN SOBRE O LIBRO:
Eu definiría este libro como moi nostálxico e, tamén penso que moitas persoas cando lean este libro, sentiranse identificadas coa protagonista desta historia.
Non deixa de ser un libro entretido, sobre todo cos contos que a avoa de Khoedi lle contaba a ela.
Rubén Caramés Manteiga: 3ºESO-B
DATA DE LECTURA: De xaneiro a xuño de 2012.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.
Deseño logo: shouvas