Blog da Biblioteca do IES de Curtis: Vídeo
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas

19/5/15

Marina, Lorena e Paula entrevistan a Patricia Vázquez

Magnífica a intervención de Patricia Vázquez na Semana Cultural. O salón de actos, ateigado como nunca, escachou en risas durante hora e media cunha Patricia próxima, ocorrente, culta e de sólidos principios.

A lectura, o esforzo, o gusto pola cultura e a necesidade de formación e máis formación foron máximas recorrentes ao longo da mañá.

Aínda quitou tempo para contestar a entrevista que lle fixeron Marina Budiño, Lorena Caramés e Paula Pintor. A subida do IVE, a censura na CRTVG e a crise  do teatro son algúns dos temas abordados na conversa. 


A nosa gratitude. 

17/5/15

Presume de galego todo o ano

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística proponnos difundir unha mensaxe positiva de orgullo lingüístico que vaia máis alá dunha efeméride puntual coma o 17 de maio. Trátase de espallar o vídeo "Presume de Galego" polas redes sociais e os teléfonos móbiles até convertelo en campaña viral que chegue sobre todo ao alumnado e á comunidade educativa, mais tamén a toda a sociedade. O día 17 mándallo a 17 persoas!

Podes compartilo nas redes e envialo por medio do correo electrónico ou descargalo para mover a través do Whatsapp e outras aplicacións de mensaxería instantánea, nesta páxina.


24/4/15

Motortec 2015

Visita dos Departamentos de Automoción e Administrativo do IES de Curtis á Feira Motortec, celebrada no recinto ferial de Ifema en Madrid, o 13 de marzo de 2015.


BATUCADA FUSQUENLLA - Semana Cultural 2015

Actuación da Batucada Fusquenlla de Curtis na XXII Semana Cultural do IES de Curtis

17/4/15

El motor de la Historia

Visita dos Departamentos de Automoción e Administrativo á exposición "El motor de la Historia", organizada pola Fundación Jorge Jove en Expocoruña, o día 9 de abril de 2015.


 

1/4/14

Memoria gráfica da Semana Cultural

A nosa gratitude aos relatores e relatoras, ANPA, concellos de procedencia do alumnado, SXPL e todas aquelas persoas que fixeron posible unha nova edición da Semana Cultural.

Neste blog utilizamos as imaxes con fins educativos. Se algunha delas estivese suxeita a dereitos de autor, pregamos vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.



Deseño logo: shouvas